Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Requimundo

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Frumario.
Requiar.jpg
Requimundo descobrindo o tesouro real suevo de Braga.
Información
Nacemento Descoñecida
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento no 463.
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galaicosueva.
Ocupación Reinar no Norte.

Requimundo foi rei do Norte suevo durante a guerra dos tres reis (Guerra civil sueva) dominando o norte do reino suevo durante tres anos mentres guerreaba contra Frumario (señor do Sur suevo) e Remismundo.

Vida e reinadoEditar

 
Requimundo fuxindo pola serra da Cova da serpe.

Requimundo naceu en Gmünd (Suavia, Alemaña) durante o verán do amor do ano 398, fillo de papá suevo tivo unha esmerada educación no manexo da hacha pra poder sobrevivir en inverno queimando madeira e ganándose a vida como mercenario ou como talador de árbores (Lincoln comezou así e chegou a presidente dos Estados Unidos de América oe!), como tiña moita habilidade coidando das hachas foi portahachas do iremán pequeno do rei Hermerico.

Cando se instalaron en Galicia recibiu do estado varias terras en Cadagunde (Friol, Lugo),alí mandou instalar varias granxas de polo fritido e gracias aun contrato co exército Vándalo obtivo pingues beneficios, ata que viu que se lle ían botar enriba e avisou a Requila, que tras firmar unha alianza cos roamnos consegiu desfacerse dos vándalos e así ter toda Galicia pros suevos. Durante o reinado deste organizou varios congresos coa aristocracia galaicoromana pra convencelos de que baixaran dos castros e castelos tutiora e se sumaran ó reino suevo como xa fixeran moitos outros pra non pagar á Facenda do Imperio Romano (que xa daquela estaba abandonando a Península Ibérica).

Durante a época expansionista dos reis suevos conquistando media España requimundo obtivo un postiño en Intendencia, facendo contactos con empresarios e partidos políticos, mais trala Batalla do Río Órbigo a morte do rei Requiario en Braga a mans dos visigordos cos últimos romanos Requimundo repregouse a Ourense e xuntando varios membros da UPG comezou a conspiurar pra libertar o reino suevo da influencia Visigorda que quería facer obesos ós galegos, así conseguiron derrocar ao virrei visigordo Aguiúlfo xunto a outros patriotas que querían poñer a Frantán no trono conseguiron que Aguiúlfo reinase só en Galicia do Sur e Frantán dominaba o Norte coa axuda de hispanorromanos e suevos,ata que Maldras o matou e dominou o sur, reunificando o reino baixo o seu poder ó morrer Frantán.

 
Requimundo casando con Eva Braun ante Bodan, Fricco e Thor, os deuses suevos..

Durante o reinado de Maldras obtivo postos na alta dministración nas carteiras de Economía (polo rata que era) e Industria e Solo (facendo PXOMs a seu gusto)o que fixo enemistarse con moita xente, entre eles os antigos donos romanoides das terras, que reunidas en Lugo trala muralla fixéronse fortes e comezaron a xurdir rumores de que ivan a destruir o reino suevo invocando a Breogán e Décimo Xunio Bruto Galaico pra recobraren a liberdade. Xusto nese intre coincidiu que varios suevos feixistas mataron ao rei Maldras (pra que seu fillo Remismundo ocupase o trono e manipulalo por ser inexperto) e Requimundo e seus amigos vendo que o reino se ía esfarelar o que tanto traballo lles dera pasaron á acción, matando ós nobres chupópteros no ano 459 en Lugo e ían cara Ourense a seguir poñendo orde cando Frumario deulle a patada no a Remismundo por parvo e ficou co poder no sur, Requimundo, que non estaba de acordo nas formas con semellantes persoaxes decidiu atrincherarse no norte do reino e tomou o poder, comezando a Guerra dos Tres Reis.

Durante a segunda fase da guerra civil sueva (Guerra dos Tres Reis) tívose que enfrontar contra Remismundo e Frumario en varias batallas, actos de sabotaxe, espionaxe industrial, actos de terrorismo, alimentación de disidencias internas... co fin de desestabilizarse mutuamente. Requimundo consegiu finxir que non tivera nada que ver coa morte de Maldras, mais trala defección cara Galicia do Sur do seu tesoureiro sóubose que encabezaba unha facción feixista dentro do reino que matara a Maldras pra poder manipular mellor ó seu fillo Remismundo e dominar só os suevos o reino. No ano 463 morreu por non querer usar nuca o condón.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Requimundo.

Outros artigosEditar

Reino Suevo (en Guerra Civil)

Segue a:
Remismundo
Requimundo
Precede a:
Remismundo
Rei dos Suevos