Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Requila

Requila foi un rei suevo imperialista que case conquista toda a Península Ibérica e implantou o galego alí por onde pasaba, por iso actualmente non sae nos libros de texto de España nin Portugal.

Requila.
Requila.jpg
Información
Nacemento Riquewihr Francia d.JPG Francia
Falecemento no 448.
Nacionalidade Emigrante.
Ocupación Ser rei conquistador de novas terras, imperialista suevo.

Conquistas, anticlericalla e gran capitánEditar

Nado en Riquewihr (Alsacia) mentres seu pai, Hermerico, emigraba cos suevos cara o sur na busca da terra prometida por Wotan, en canto chegou a Galicia comezou a xuntar uns cartiños a base de facerse mercenario de galaicoromanos sen castros e sen murallas, alí tomoulle xenreira ao cristianismo, xa que lle andiveron comendo a cabeza varios misioneiros católicos, arrianos e priscilianistas pra que abandoara o paganismo e se fixera cristián.

Seu pai conseguiu que o consello nacional suevo o aceptase como rei dos suevos, anos depois sendo rei xuntou un grande exército de suevos e galaicoromanos e comezou a invadir terras ó Imperio Romano na Península Ibérica (Galicia, Portugal, Castela, Extremadura e parte de Andalucía) derrotando por dúas veces ós exército de romanos e visigodos que enviaban contra del. Durante o seu reinado o Reino Suevo case conquista toda a Península Ibérica, por iso se lle considera un dos protoprecursores da Unión Europea (antes mesmo que Carlomagno) que tentou salvar, baixo o seu poder, a brillantez da cultura clásica.

En política interna conseguiu certa cohesión entre os suevos da primeira xeración con certos galaicoromanos (xa que compartían ambos pobos certa romanización) e así consegiu aumentar o seu exército e funcionariado administrativo (moitos galegos que querían fuxir da facenda romana íanse cos suevos a censarse) que lle permitiu conectarse cos bagaudas e coa política internacional do momento e aproveitar as debilidades romanas pra conseguir mais terras.

Reino de Galiza/  Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Hermerico
Requila
Precede a:
Requiario
Rei dos Suevos

Modelo:Lista dos Reis Suevos

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Requila.