Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Remismundo

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Remismundo
Suevorum2.jpg
Información
Nacemento 434
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento no 469.
Nacionalidade galaicosueva.
Ocupación Que os visigodos non destrúan o reino suevo de Galicia.
remismundo na Guerra dos Tres Reis nunha vidreira da igrexa sueva de santa Comba de Bande.

Remismundo(do xermánico remis:quietude, e do gótico Mund:protección) foi rei dos suevos durante 10 anos(459-469).

Vida e guerra civilEditar

Nado en Desteriz, Padrenda no ano 434 no pazo dos seus vellos sobre o Miño,fillo do rei Maldras foi enviado á corte do rei burgundio Gundioco, de onde viu cambiado, xa que o iniciaron na masonería, a ter relación bisexuais e en vez de ser cristiano católico viña feito un cristiano católico jipi.

Con esta viaxe de iniciación escribiu unha novela en xermánico "On the road"("Na estrada" en galego) onde contaba as súas aventuras trala inxesta masiva de follas de texo, qu eo levan por alucinatorios paraxes do seu ego. Debido ó escándalo suscitado polo emprego de alcaloides en tempo de paz por parte dun alto funcionario do Estado suevo, moitos señores feudais vasalos seus erguéronse na súa contra, capitaneados por Frumario, conseguindo botar do trono.

Remismundo fuxiu a Guitiriz(Lugo), onde atopou acubillo por parte dun possesor xermánico chamado Guitimaro ou Witimaro, e reorganizou o seu exército de malotes. Grazas ó poder das súas zapaz Doc Martens tipo "Malote de Coia", comezou a pelexar na guerra civil entre Frumario e Requimundo, os tres en guerra por seren os reis do reino suevo de Galicia; ao final venceu él tras a Batalla de Lamas de Campos na Fonsagrada; onde derrotou ás hostes de Frumario e Requimundo no ano 463.

 
remismundo ante as murallas de Lugo na Guerra dos Tres Reis.

Así foi como voltou ser rei dos suevos, pero desta vez xa coñecía a ruindade da xente, asi que amosouse mais cauto e menos libertario,en política exterior aliouse co reino dos Visigodos de Madrid(que daquela recibía o nome de Toledo) e como colofón da nova amizade casou cunha princesa visigoda, chamada Eurica, e converteuse ó cristianismo arianista(que o único cambio co cristianismo católico é que non considera a Xesús de Nazareth como parte de Deus) que era arelixión dos visigodos españolistas. A boda foi en Braga no ano 465 e coa dote da noiva Eurica viñan(como non) miles de cofres cheos de ouro(de ahí o sufixo rica no seu nome) e moitos consoladores, xa que era pecado pros visigodos foder ás mulleres e darlles placer á vez; afortunadamente Eurica nunca mais os necesitou ao estar cun rei galego fetén.

Por si fora pouco Eurica cedo se aclimatou ás costumes suevogalaicas e en canto viu que seu pai era asasinado polo seu tío(o irmán de seu pai) comeulle o tarro ó seu home pra que aproveitase pra atacar e roubar algunha cidade dos visigodos e así foder á súa parentela política, meu dito meu feito,remismundo mandou asaltar Conímbriga, e ao ano seguinte, no 468 invadiu Lisboa(erguendo o castelo de san Xurxo en Lisboa). Todas estas terras llas regalou ós mosteiros cristiáns de monxes católicos e arianos por igual(aínda que este dato foi silenciado polo Vaticano ó considerar que os mosteiros arianos debían desaparecer da historia e só quedar os seus) pra que rezasen por el moitos ritos mozárabes séculos despois del morrer.

Estando nun metesaca coa súa dona Eurica veulle un ataque de corazón no momento xusto do orgasmo, polo que morreu cun enorme sorriso nas fazulas no ano santo do noso señor Bodan de 469.

Reino de Galiza/  Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Maldras
Só no sur
Remismundo
Precede a:
Frumario
Rei dos Suevos
Rei de toda Galicia/  Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Frantán
Que só reinou no norte
Remismundo
Precede a:
Remismundo
Rei dos Suevos

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Remismundo.

Outros artigosEditar