Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Reis de España

NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
Banderaespaña.png Este artículo contiene una alta dosis de humor español que probablemente
no entiendas si no provienes de la Península Ibérica o de las colonias restantes)
Si no eres de esta casta tierra, probablemente pierdas el tiempo leyendo esto.


A lista dos reis de España comeza cos Reis Catódicos porque se considera que España comezou a existir cando a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón uniron os seus reinos a través do matrimonio de Isabel I de Castela con Fernando II de Aragón, aínda que os reinos seguiron tendo leis separadas e a denominación da Monarquía incluía varios reinos (a máis común sería Rei de Castela, Aragón, León, Granada e Toledo, aínda que variaba moito).

Índice

Casa de TrastámaraEditar

Casa de AustriaEditar

A Casa de Habsburgo (ou "de Austria") comezou con Carlos I de España (ou ou se o prefire, V do Sacro Imperio Romano Xermánico). Deixou tras de si unha monarquía española que foi tamén, por algún tempo, soberana dos Países Baixos, de boa parte de Italia e de grandes territorios en ultramar; no entanto, o título de Emperador non pasou aos seguintes monarcas de España.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
    Carlos I, o Emperador
coa súa nai Xoana I de Castela (1516-1555)
Raíña consorte Sabela de Portugal
14 de marzo de 1516 16 de xaneiro de 1556
    Filipe II, o Prudente
Raíña consorte María Tudor
Raíña consorte Isabel de Valois
Raíña consorte Ana de Austria
16 de xaneiro de 1556 13 de setembro de 1598
    Filipe III, o Piadoso
Raíña consorte Margarida de Austria
13 de setembro de 1598 31 de marzo de 1621
    Filipe IV, o Grande ou o Rei Planeta
Raíña consorte Sabela de Borbón
Raíña consorte Mariana de Austria
31 de marzo de 1621 17 de setembro de 1665
    Carlos II, o Enfeitizado
Raíña consorte María Luísa de Orleans
Raíña consorte Mariana de Neoburgo
17 de setembro de 1665 1 de novembro de 1700
    Arquiduque Carlos
Rei rival de España como Carlos III
(En guerra con Filipe V de Borbón)
Raíña consorte Sabela Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel
12 de setembro de 1703 2 de xullo de 1715

Casa de BorbónEditar

Tras a morte de Carlos II sen descendencia, a titularidade da Coroa de España pasa ao seu sobriño-neto, e neto á súa vez de Luís XIV de Francia, Philippe d'Anjou, sendo o primeiro membro da Casa de Borbón en España. Ao ser nomeado Rei de España, Philippe cambia o seu nome a Felipe, mentres que o apelido francés Bourbon foi castelanizado como Borbón.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
    Filipe V, o Animoso
Raíña consorte María Luísa Gabriela de Savoia
Raíña consorte Isabel de Farnesio
16 de novembro de 1700 14 de xaneiro de 1724
    Luís I, o Ben Amado ou o Liberal
Raíña consorte Luísa Isabel de Orleans
14 de xaneiro de 1724 31 de agosto de 1724
    Filipe V, o Animoso
Raíña consorte Isabel de Farnesio
6 de setembro de 1724 9 de xullo de 1746
    Fernando VI, o Prudente ou o Xusto
Raíña consorte Bárbara de Braganza
9 de xullo de 1746 10 de agosto de 1759
    Carlos III, o Político
Raíña consorte María Amalia de Saxonia
10 de agosto de 1759 14 de decembro de 1788
    Carlos IV, o Cazador
Raíña consorte María Luísa de Parma
14 de decembro de 1788 19 de marzo de 1808
    Fernando VII, o Indesexado ou o Rei Felón
19 de marzo de 1808 6 de maio de 1808

Casa de BonaparteEditar

O único monarca desta casa foi Xosé I, imposto polo seu irmán Napoleón I de Francia despois de invadir España e facer renunciar a Carlos IV en 1808. Gobernou na España ocupada polos franceses e nos seus dominios sen o recoñecemento das Cortes nin da América española, co título de Rei das Españas e das Indias, pola graza de Deus e pola Constitución do Estado. Habitualmente, e por ser un rei imposto, non se considera que Xosé Bonaparte fose un rei propiamente dito e non adoita levar o numeral correspondente.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
    Xosé I, Pepe Botella
Raíña consorte Julia Clary
6 de xuño de 1808 11 de decembro de 1813

Casa de Borbón (primeira restauración)Editar

A partir da Constitución de 1837, Isabel II pasa a denominarse Raíña das Españas.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
    Fernando VII, o Desexado ou o Rei Felón
Raíña consorte Isabel de Portugal
Raíña consorte María Xosefa de Saxonia
Raíña consorte María Cristina de Borbón
11 de agosto de 1808[1]
----
11 de decembro de 1813[2]
29 de setembro de 1833
    Isabel II,[3] a dos Tristes Destinos
Rei consorte Francisco de Asís de Borbón
29 de setembro de 1833 30 de setembro de 1868

Despois da abdicación de Isabel II, houbo dous anos de interregno, durante o cal o goberno de España buscou no exterior un novo monarca.

Casa de SavoiaEditar

O único monarca desta dinastía é Amadeo I, elixido polas Cortes despois da Revolución de 1868 e a abdicación de Isabel II. O novo título foi Rei de España, pola graza de Deus e a vontade nacional.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
    Amadeo I, o Rei Cabaleiro
Raíña consorte María Victoria dal Pozzo
16 de novembro de 1870 11 de febreiro de 1873

Casa de Borbón (segunda restauración)Editar

É a segunda restauración, logo da Primeira República Española. O título dos monarcas é Rei de España pola gracia de Deus e a Constitución.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
    Afonso XII, o Pacificador
Raíña consorte María das Mercedes de Orleans
Raíña consorte María Cristina de Habsburgo-Lorena
29 de decembro de 1874 25 de novembro de 1885
    Afonso XIII, o Africano
Raíña consorte Vitoria Euxenia de Battenberg
17 de maio de 1886[4] 14 de abril de 1931

Casa de Borbón (terceira restauración)Editar

É a terceira restauración logo da Segunda República Española e a Ditadura de Francisco Franco. O seu título é simplemente Rei de España.

Imaxe Escudo Nome Monarca desde Monarca ata
[[Ficheiro:|100px]]   Xoán Carlos I
Raíña consorte Sofía de Grecia
22 de novembro de 1975 19 de xuño de 2014
    Filipe VI
Raíña consorte Letizia Ortiz
19 de xuño de 2014 Actualidade

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Reis de España.

Outras listasEditar

  1. O 11 de agosto de 1808 o Consello de Castela declarou nulas as abdicacións de Baiona, recoñecendo a Fernando VII rei de novo, e formáronse rexencias no seu nome.
  2. O 11 de decembro de 1813 firmouse o Tratado de Valençay, polo que Napoleón recoñecía como Rei de España a Fernando VII
  3. O nacemento de Isabel II planteou "o problema sucesorio" co seu tío Carlos María Isidro de Borbón. Véxase Primeira Guerra Carlista.
  4. Foi rei de España desde o seu nacemento. Rexencia de María Cristina