Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Reintegrata

Nosa Senora malvada.jpg Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Reintegrata
e pedirá aos seus filliños que o/a queiman na fogueira da Santa Inquisición
Típico reintegrata facendo correcións lingüísticas no Sempre en Galiza.
Un mozo padawan reintegrata discutindo cun oficialista da Real Academia Galega.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Estudante de Galego-Portugués MedievalCita2.png
Google sobre Reintegrata

Cita1.pngTe son unos fanáticos nazis.Cita2.png
Gloria Lago sobre os reintegratas.
Cita1.pngMi echaron droja en el colacao i desde entonces almorço augardente con bolachas.Cita2.png
Xosé Tojeiro sobre os reintegratas.

Reintegratas son personaxes de gran poder e sabiduría que pertenecen a unha orde mística e monacal sen nome, teñen varias bases (CUVI, USC) pero sen un cuartel xeral. Os reintegratas son guerreiros con vocación espiritual e de servicio á Galicia.

Índice

OrixesEditar

Ao principio dos tempos no Eixo Atlántico só existía unha língua, conforme avanzaba o tempo e a Forza ou Poder se ía cara o Sur (Lisboa e Madrid) a língua única comezou a ter competidores coas súas fillas (o portugués e o castellano), que lle foron comendo terreo, deixándose só o galego nas mans dos paisanos, cuxo espírito era tan forte que non precisaban da escrita pra falalo.

Tralos séculos escuros, voltouse a escribir en galego, pero a língua única xa ninguén sabía cómo se escribía asi que os precursores escribían o galego tal e como o escoitaban, e pasou un século e tras varias modas(entre as que estaba facer pasar o castelán por galego poñéndolle un "ou" en vez de "o" ) nos anos 80 do século XX viu a lús a primeira Lei Reguladora do Galego, e os cabaleiros reintegratas foron marxinados polos Sith da Xunta de Galicia durante anos, logo no Bipartito quíxose traer a unidade ao galego, pero Galicia Bilingüe matou aos memnbros do comité de expertos e dende entón o galego vai á deriva.

Frente a este panorama desolador os cabaleiros Reintegratas en vez de fundar un mosteiro e reflexionar sobre a nova estratexia comezaron a separarse entre sí debido á influencia do lado escuro da Forza.

Filosofía reintegrataEditar

Se o galego nasceu do galego-portugués é que é irmán do portugués, entón o galego debe ter a ortografía como o portugués e logo liberar a Galicia do Sur dos mouros de Lisboa!!

Estrutura da Orde ReintegrataEditar

 
Estudantes reintegratas portuguesas estudando galego no PGL.gal.

Os Reintegratas forman a súa orde pra ensinar o galego reintegrqacionista e que o usen en tódolos eidos, os Reintegratas seguen o chamado por eles "Lado Luminoso do Galego", a orde reintegrata foi fundada fai 300 anos atrás trala batalla de Arcos de Valdevez. Ao principio os reintegratas só se adicaban á vida contemplativa pero co decorrer do tempo a Orde foi tendo un rol máis importante na República das Letras Galaicas (que nin decir ten que na República das Letras Ibéricas ninguén lles fai caso).

Rangos ReintegratasEditar

  • 1º rango: estudante revoluçonario.
  • 2ºrango: Padawan reintegrata.
  • 3º rango: Cabaleiro reintegrata.
  • 4º rango: Mestre reintegrata.
  • 5ª rango: Mestre reintegrata membro do consello.
  • 6º rango: Gran Xuíz Escocés Reintegrata do Arco real, onde poderás ser membro da Academia Galega da Lingua Portuguesa.

EnemigosEditar

Como pasar por ReintegrataEditar

 
Ricardo Carvalho Calero, Gran Mestre Reintegrata da AGAL.

A sagrada Desgalipedia ofrece un cursiño intensivo de mutación do galego ao reintegracionismo para que podas sumerxirte cómodamente en ambientes estudiantís reintegratas:

  • Mâe: por nai; !" A màe que te pariu" (" A nai que te botou a este mundo")
  • Também: por "tamén", "Também podemos decir que o Feixismo é a ideoloxía de Feixóo ("Tamén podemos decir que o feixismo é a ideoloxía de Alberto Núñez Feijóo".).
  • Escrebir "Livro" e ler "libro" en vez de pronuncialo como os portugueses "Lifro".
  • Outro tanto co termo "Nación": en reintegrata escrito "Naçom" e pronunciado "Nazom", en portugués pronunciado "Nasao".
  • "Amador" por "amateur".

Desgalería de obras recomendadas ós reintegratasEditar

Véxase taménEditar