Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Reino Visigodo

NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais
I e II Reich Visigorda Krieg.
Reino Visigodo

419–711 30px
Himno: Gothum über alles!
Capital Toledo
Lingua Alemán, Latín (oficiais)
Goberno n/d
Historia
 • os visigordos asinan a paz cos romanos que foi concluída cun foedus co rei Walia e o seu establecemento no territorio da Aquitania secunda con capital en Tolosa. 419

O Reino Visigodo foi un reino nazi da Península Ibérica antes de esta convertirse en Al-Andalus.

Índice

HistoriaEditar

Os visigodos foron corridos polos francos cara a Península Ibérica só controlando Narbona. O rei ostrasgordas Teodorico o Enorme tras axudar a sobrvivir ao reino visigodo e darlles novo fogar na península axudou ao rei godo a que non morrese de catarro, pero este desagradecido levantouse contra del e logo fuxiu deixando a seus súbditos. Trala morte de ambos o rei Amoaosricos conseguiu que os ostrasgordas lle devolveran os cartos de Facenda e puxo a capitalidade en Barcelona, por iso foi asasinado polos españolistas e remataron deixando a capital en Toledo. Esta aldea estaba case no medio xeográfico da Península así podían ter o tesouro de Facenda a salvo de invasións, aínda que tras vencer aos francos tiveron que ir pelexar contra os decadentes gregos do Imperio Romano 2.0 tamén coñecido como Imperio Bizantino, que lles tomara Torremolinos e Málaga, correndo perigo a captación de impostos á prensa rosa. Este problema durou séculos, xa que a expansión dos grecoromanos extendeuse cara Valencia e Algarve, enriba os defensores do reino visigodo tíñanse que enfrontar entre eles debido ás olimpiadas para a sucesión ao rei.

Este sistema sucesorio levou de cabeza ao reino durante toda a súa existencia, Leovixildo conquistou o Reino Suevo durante uns anos e case bota fóra aos bizantinos pero San Hermenexildo, seu fillo, fíxolle unha guerra civil porque non quería pasar pola olimpiada de sucesión visigoda, polo que Recaredo fíxose rei, e de paso convirtiuse ao catolicismo o que lle provocaría mais problemas adiante e dándolle motivos a seus primos para darlles golpes de estado.

Dese xeito a dinastía de Leovixildo desfíxose e viñeron outro reis que pelexaban, comían xudeos, excepto Sisebuto, que comía Biblias e facía mosteiros enviando ermitaños a tódalas fragas do reino. O rei Suintila remataría co proceso de expulsión dos bizantinos e por fin toda a península foi de España (asi que, quen fundou España? Suintila claro) pero ninguén o quería, e tivo que andar enviando antidisturbios e gestapos ao Ebro, País Vasco, Andalucía, Cantabria, etc mentres tentaba que os xudeus se convirtiran ao catolicismo e os gays fosen heteros.

O rei Chindasvinto organizou unha purga entre os godos, este rei estalinista matou a seus paisanos debido aos chistes que lle facían sobre seu nome, os curas tamén se lle rebotaron debido que lles sacou seus privilexios. Debido a que gañar as olimpíadas visigodas para ser rei e que os árabes andaban judiando, o reino nazi visigodo de Toledo entrou en crise cando un alto funcionario deu un golpe de estado e quedou de rei, pero aínda non repartira prebendas e subvencións para contentar ao outro bando cando se dirixiu a derrotar a unha incursión de piratonas árabes e foi traizoado por aqueles a quen deixara fóra do goberno, o bando do rei Rodrigo perdeu o reino o bando Witizano aproveitou os exércitos árabes para facerse co control do reino reinando Aguila II cos restos do exército visigodo e mercenarios musulmáns. Entretanto estes mujaidíns seguiron camiño cara o norte para que Aguila II derrotara a outro alto funcionario que lograra independizarse no sur de Francia, onde conseguiu manterse independente o rei Ardón ata que foi atacado polo exército visigodoárabe. O reino quedou a mans dos xenerais árabe bereberes ata que veu Abderramán I e convirtiu o reino visigodo en Al-Andalus.

XeografíaEditar

 
Extensión do reino visigodo de Tolosa intentando facer un Anschluss no Reino Suevo no ano 500.

O reino Visigodo ocupou distintos territorios, primeiro só o sur da Galicia e logo fóronse correndo cara a Península ibérica, collendo o Levante e pelexándose co Imperio Bizantino e os francos. Logo contra os éuscaros, bagaudas e o Reino Suevo ata dominar toda a península ibérica e o norte de Marrocos, ata que o gobernador de Ceuta, Don Xulián Franco, trouxo tropas moras para gañar a Guerra Civil española e o reino foise ao carallo.

DemografíaEditar

O reino estivo formado polas etnias celtoibéricas e os traídos polos romanos, xudeus, moros, macarronis, gabachos, etc todos controlados e manexados por unha minoría racial, os visigordos, que eran os mais violentos debido á súa dieta abundante en romanos, o que lles provocaba abundantes ganas de matar labregos iberorromanos.

Cidades principaisEditar

  • Tolosa e Narbona: capitais do reino visigodo cando aínda non foran desafiuzados polos francos.
  • Barcelona: a primeira cidade que atoparon na Península Ibérica alá a fixeron capital creando a República anticapitalista e democrática popular progre de Cataluña.
  • Toledo: a capital do reino visigodo da península ibérica.

TransporteEditar

O transporte era aproveitando as autovías que deixaran os romanos pero os portos abandoáronse debido ao gran número de piratas e que os visigodos só comían chourizo e nenos.

CulturaEditar

A cultura do reino visigodo é de tipo decadente romano cristián, con influencia do Imperio Bizantino e dos nazis. Abondoouse a enxeñería e obras públicas debido a que os visigodos gustábanlles a guerra moito e destruir destruir destruir, polo que nisto non trouxeron nada e andiveron desfacendo estatuas de deuses paganos asi como sinagogas.

Lista de reis visigodosEditar

Artigo principal: Lista dos reis visigodos.

Esta lista foi moi fanmosa ata fai pouco, cando a sacou Felipe González, logo voltou o PP e Albert Rivera e a puxeron outra vez:

  • Ataúdeulfo.
  • Sigemerico.
  • Guaylia.
  • Teadoro.
  • Turistamundo.
  • Teodosricos.
  • Eurico (masi kati).
  • Alarido II.
  • Gaysaleico.
  • Amaraomarido.
  • Tudis.
  • Teudixechelo.
  • Aguila I.
  • Ataoaquidos.
  • Liuva I.
  • Leovixildo.
  • Recaudaredo.
  • Suigeneristila.
  • Sexonando.
  • Chintolas.
  • Tartarugga.
  • Chindasvinto.
  • Ricosvinto.
  • Bambas.
  • Ervigo.
  • Éxica.
  • Uitiza.
  • Roderick.
  • Aguila II.
  • Ardón.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Reino Visigodo.

Outros artigosEditar