Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Reconquista

En Vigo celébrase con este nome unha sublevación popular que se encadra na Guerra da Independencia española.

A Reconquista é o nome co que é coñecido o proceso bélico que se deu na Península Ibérica durante a Idade Media, desde o ano 722 ata o 1492.

Índice

Orixe do termo "Reconquista"Editar

Este palabro foi inventado por un crego-intelectual orgánico ao servizo do rei Afonso IX o Manirroto pra darse lexitimidade frente a Al-Andalus pra que así a ONU o considerase herdeiro directo dos Visigodos e así ninguén lle disputaría a sterras que conquistase aos españois.

PreludioEditar

A Península Ibérica fora conquistada polo Imperio Romano, despois fixéranse donos dela os suevos, alanos, bizantinos conseguindo por último o control total os Visigodos, mais estes deron en rifar entre sí e provocaron unha guerra civil na que un xeneral visigodo se trouxou tropas de África e invadiu toda a península celtibérica quedando con ela e repartindo condados e marquesados entre os seus moros.

No ano 711 entran e no 714 entran en Galicia, toda a península está dominada. Mais quedan varios refuxios de terratenetes desterrados e pastores bizarros que 6 anos mais tarde comezan a contraofensiva, cristalizando tres núcleos cristiáns no norte(un en Padrón , outro en Covadonga (Asturies) e outro nos Pirineos (que daría lugar aos reinos de Aragón e Navarra e Cataluña).

A baixada cristiáEditar

Debido a que os cristiáns perdían tódalas batallas e logon escapaban e os moros (como vagos que son) non os perseguían remataron por cansar tanto aos moros que lles sacaron terreo, nestas pequenas illas cristiás comezaron a multiplicarse debido á prohibición católica do condón e que algúns cristiáns que vivían baixo dominio árabe emigraban alí pra poderse gabar de ser mais cultos e refinados que seus veciños cristiáns e paletos.

Co paso do tempo os reinos cirstiáns foron medrando, asi que Al-Andalus creou un imposto especial, o Peito Burdelo, pra controlar a demografía, pero como os cristiáns xa estaban fodendo aos 12 anos aquilo era unha Sodoma e Gomorra e saían cristiánms ata debaixo das pedras, pra conseguir gañar batallas enviaron un embaixador ao Papa, pra que decretase que ir combatir moros a Hispania era como ir ás cruzadas e che servía pra ir ao Paraíso. Coa axuda dos jihaidistas cristiáns os reinos católicos medraron espectacularmente, e incluso algúns comezaron a crear novos reinos(como Castela e Portugal).

Estes reinos cirstiáns comezaron a pelexarse entre eles, parecía que toda a península ibérica eran reinos de Taifas (árabes e cristiáns), asi que inventaron o matrimonio político e comezaron a casarse os reis entre eles, pero isto era pecado e foron excomungados polos bispos, asi que cambiaron de estratexia e casaron aos fillos, netos, primos, sobriños de familias reinantes coas outras familias reinantes pra co paso do tempo estar tódolos reinos baixo unha mesma familia. pero a cousa saiu mal e co paso do tempo xurdiron desavinzas familiares matándose entre irmáns (guerras civís castelás) de distinto pai, uns excomungando a outros e mentres aliándose cos reinos musulmáns como si fosen da súa corda (de feito O Cid traballou pro sultán de Valencia).

Co paso do tempo estabilizárons eun pouco e seguiron e pelexarse entre eles menos (porque xa venceran a seus rivais políticos e se os sacarn de en medio) e mais cos mouros, así Portugal rematou con eles en 1340 e Castela (coa axuda dos reinos de Galicia, Aragón e Navarra) en 1492.

Colonización cristiáEditar

Antes chamada Repoboación; esta ocupación de terreos (que os moros deixaban baleiros debido ó acoso sexual dos cristiáns) foron ocupados por nobres que poñían burgos con escravos seus e mosteiros que enviaban seus escravos da terra alí e no alto un castelo pra se os moros voltaban, por iso en castela as aldeas están todas as casas xuntas. Toda esta "repoboación" partiu das terras de Asturias e Galicia, que emigraban cara o sur pra ver si pillaban mais sol e calor pero deron coas estepas da meseta central, asi qe seguiron baixando até chegar ao Mediterraneo.

En Galicia nos primeiros tempos da invasión cristiá só houbo que repoboar os edificios dos concellos (ou sexa enchelos con chupatintas, secretario e alcalde pra que mandasen en nome dalgún conde ou marquesiño) e ningunha aldea, por iso están tan ciscadas e só tiveron que ir repoboar Portugal desde Galicia do Sur.

A Reconquista en GaliciaEditar

 
Asturianos reconquistando a Galicia.

No ano 714 entran en Galicia os árabes e derrotan ao bando do rei Don Rodrigo, os Witizanos campan as súas anchas e a Raíña Lupa métese a monxa, pero anos mais tarde os colonos e guarnicións bereberes marchan e fórmanse repúblicas de homes libres que seguen a vivir e fundan aldeas, erguen castelos nos outeiros penedíos e edifican igrexas privadas, algúns jedis reintegratas comezan a reunirse de novo en mosteiros ao longo da Ribeira Sacra onde fundan mosteiros.

Todo era paz e harmonía até que un rei en Asturias os veu convencer pra ver si lles axudaban a derrotar aos españois, xúntase varios bispos e militares e comezan a xuntar un exército pra invadir Galicia do Sur e facerse con aquelas terras, acambio conseguirán ter beneficios, títulos honoríficos e aparecer na Guía Michelin. Os nobres da Galiza comezan a invadir terras en mans dos moros ou simplemente apodéranse con violencia das repúblicas d ehomes libres e fanos traballar pra eles, nomean bispos en Lugo, Mondoñedo, Tui e Ourense. Como os reis tiñan moita terra grazas ós señores feudais comezou a repartilas entre seus aliados e a Igrexa católica, pero como algúns señores non están moi de acordo comezan a dar golpes de estado e poñen de rei a algún amigo seu epelexan contra dos duques cántabros por ter mais influencia na corte de Oviedo.

Mentres a Igrexa comeza a inventar movidas pra ter mais terras e poder (que si o inferno, o purgatorio, que si as misas teñen poder máxico, que si me das 400 ferrados de terra perdóoche tódolos pecados, etc) e os mosteiros e bispados convírtense en grandes terratenentes e incluso se comezan a lanzar opas hostís entre eles e facendo absorcións monasterís creándos e os grandes mosteiros galegos de Celanova, Samos, etc

Vai pasado o tempo... Al-Andalus vendo que hai tantos cristiáns dentro e fora das súas fronteiras e que teñen a natalidade baixa debido ó seu refinado sistema de vida impoñen un imposto, o Peito Burdelo, do cal se librarían os cristiáns grazas aos combates capitaneados pola nobreza galega dos Figueroa. No condado de Portucale (actual Galicia do Sur) a prima do rei de León faise independente e seu fillo comeza a facer o vándalo e crea Portugal (tenta levarse con él as provincias de Tui e Ourense pero non se deixan), a Reconquista rematou en Galicia.

Pero como os señores feudais tiñan fame de terras seguiron reconquistando, esta vez por Extremadura e castela a nova, obtendo terras e incluso emigrando lá.

Reconquisteiros famososEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Reconquista.

Outros artigosEditar