Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Raíña Loba

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Cita1.pngQuizais quixo dicir: Raíña LupaCita2.png
Google sobre Raíña Loba


Raíña Loba.
Raiñaloba.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XV D. de C.
Os Blancos, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Sangrar á xente con impostos.

A Raíña Loba foi unha mala raíña que provocou a Revolución Bolxevique en Ourense.

Índice

Orixe e gobernoEditar

 
A Raíña Loba outeando desde seu castelo en Os Blancos.

A Raíña Loba naceu en Os Blancos no seo dunha familia nobre que tiña poder sobre estas terras e mandaba desde o seu castelo na serra de Gomariz, desde onde controlaba a estrada nacional e a autovía e cobrando peaxe nela fixeronse aínda mais ricos, como querían que a filla fose á universidade (a estudar non, mal pensados, senóna buscar un fillo de pais ricos) e subiron os trabucos.

Cando Loba voltou da USC trouxo consigo a seu home, pero cedo morreu por unha pulmonía que colleu mentres tentaba caza a unha galiña cos pitiños de ouro na serra da Moura; Loba ficou soa no sue castelo e pra que ninguén se lle fora aumentou os peitos (nome que recibían antes os impostos) e a xente cabreouse moito con ela pero como era a única que tiña o monopolio da violencia (hoxe teno o Estado) ninguén chiaba, e ía pola provincia a seu gusto mentres os peliqueiros ían mallando na xente e así pagaban todos o imposto revolucionario.

Baixando pola Serra do Leboreiro a Raíña Loba, que estaba preñe, tivo que deter seu séquito no que hoxe é Parada de Montes, e pra pasar a noite montaron unhas tendas de campaña onde hoxe se chama Cobiñas, alí naceu seu fillo e o lugar recibiu o nome de Lobeira, pero como este fillo era mala semente cedo se foi con Deus (menos mal). Cando chegou ó seu cuartel xeral botouse a durmir no seu colchón de pallas de centeo e durmiu porque ao día seguinte tiña que ir a Figueirós a cobrarlles a renda, sen saber que os labregos desa aldea lle tenderon celada e esa noite aproveitaron que non había lúa pra saltar seus valados e metérselle no castelo matando a seus homes e vendo que lle ían dar polo tirouse da torre enbaixo.

A Reina Loba na cultura popularEditar

Esta persoaxe era unha deusa prerromana que vivía nunha montaña do Sur de Galicia adorada polos Límicos e Querquennos foi cristianizada na Alta Idade Media e convertida nun persoaxe fantástico, pasou á literatura culta cando se escribiu a mitoloxía do traslado do corpo do apóstolo Santiago, xa que dita lenda foi escrita en parte por algún monxe en Santa Comba de Bande e introduciu a figura dunha deusa da soberanía celta á que os discípulos de Santiago piden permiso pra soterrar nunha finca súa os restos do apóstolo e pra iso deben pasar por tres probas.

  • Códice Calixtino: aparece como unha personificación da soberanía da terra que ten que permitir o culto do Zebedeo no que antes era un templo pagán.
  • Videoxogos: en Halo, Zelda, Super Mario Bros. aparece como unha raíña que ten as chaves do reino e fai pasar ao heroe por varias probas.

Lugares onde apareceEditar

Véxase taménEditar

Outras raíñasEditar