Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Queimada

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Queimada (homónimos).
María Soliña inventando a Queimada.

A Queimada, é unha bebeida máxica dos Galaicos que chegou ata nós grazas a persoas como Manuel Murguía que a rescataron para que Galicia non se desceltizase.

Índice

HistoriaEditar

OrixeEditar

[[Ficheiro:|miniatura|esquerda|Recipente no que se elabora a queimada.]]

A súa orixe é árabe, os secos fillos do deserto depositaron nesta terra abondosa a sabedoría das cidades helenísticas.

Na Idade Media os escravos moros dos terratenentes cristiáns usaron este ritual de maxia mediterránea para mantérense unidos contra a desgraza de seren usados polos seus inimigos dogmáticos e uníronse ao paganismo ecléctico galego utilizando o santoral igual cos do Vudú e Candomblé.

Outra orixe, porque o dogmatismo nunca foi cousa de galegos, provén do interior de Ourense onde usaban os restos do viño do Ribeiro para facer augardente e así non ficar pobres. A bebida resultante era un subidón e puxéronlle propiedades platonicas de resurección e polo tanto de curación do corpo e alma.

Ritual da queimadaEditar

Véxase tamén: Conxuro da Queimada.

O conxuro ten varias orixes, aínda que o mais coñecido é o de Mariano Marcos Abalo a costume proviña de antes mais non se escribían xa que cada conxuro é para algunah cuestión en particular e daquela mandaba en Galicia os curas e militares polo que estas maxias mantíñanse ocultas.

Trátase dun ritual sanador, razón pola cal hai que prepararse. Débese facer nun lugar escuro, ou de noite, para concentrar se ben na curación (corpo ou alma) e así dirixir Qi ou enerxía persoal á bebida; usando unha mesa de catro patas, un mantel florido e a cerámica precisa.

 E dirás ti. Para que este antroidada? Pois para curar ou meter paz na túa vida e gozar dela. 
Eu sobre queimada

A mesa simboliza a terra nai, ten catro patas por cada elemento do cosmos, debe ir cuberta cun mantel florido que é símbolo de vida e axuda a atraer bas vibracións (buenrollitobuenaondacheee). Coma toda bebida ritualística debe ter un bo contedor, igual que a hostia da misa ten o seu a Queimada ten a súa ola de barro acompañda ds cuncas enxebristas para compartir coa tribo, por iso a bebida sérvese quente e serve de acumulador de Orgon.

Mariano Marcos afirmou sempre que fora produto dunha celebración e todos os participantes deron un conxuro mais ao final elexiron como mais gracioso o seu e uns amigos dérono a imprenta e así popularizouse.

IngredientesEditar

Os seus ingredientes principais son a augardente e o azucre ós que xeralmente se lles bota tamén casca de limón ou laranxa, uns poucos grans de café sen moer. Á mestura pódenselle engadir cachos de mazá, LSD ou algún outro ingrediente, os cales se engaden de forma independente segundo a tradición da zona.

PreparaciónEditar

Nun pote de barro cocido bótanse a augardente e o azucre na proporción duns 120 gramos deste por litro daquela, os demais ingredientes e reméxese todo.

Nun recipiente máis pequeno (normalmente o cazo co que se remove) cóllese, á parte, unha pequena cantidade de queimada, sen limón nin café, móllanse os bordos do garfelo coa bebida e préndeselle lume. Cando estea ardendo, métese o cazo no recipiente grande ata que se estenda por toda a superficie. A continuación reméxese lentamente, deixando que suban as lapas do alcohol, creando cascadas con elas. Reméxese ata que se esgota case que todo o alcohol, facendo que a queimada se apague case por si soa, normalmente rematando polos bordos, que non se apagan. É cara ó final deste proceso cando se recita o esconxuro.

A queimada sérvese quente, incluíndo todos os ingredientes.

Véxase taménEditar