Abrir o menú principal

Desgalipedia β

O Punk é un estilo de vida musical a base de pediso entre fumata e fumata ao lado dos ionquis.

Índice

HistoriaEditar

Foi inventado pola xuventude aparvada do Reino Unido froito do baby boom, como agora eran demasiados non habia traballo para todos asi que habia moito paro e por riba todo o mundo votaba a Margaret Thatcher asi que estaban fodidos por ambos bandos. Aínda por riba a maioría de sustancias divertidas estaban prohibidas asi que decidiron todos de golpe abandoar os estudos por estar na rúa litrona en man e falar de cousas abstrusas mentres se pintaban as roupas e se deixaban peinados horteras. Outros disfrazábanse para poder romper cristais e enbebedarse ao tempo que declamaban a Karl Marx e Friedrich Nietzsche mentres lle cobraban a un turista por facerlle unha foto.

Algúns músicos da mesma idade decidiron encuar ao goberno e á raíña e xuntáronse varios que nin sequera eran músicos para revolucionar a música. Así os Sex Pistols aproveitáronse dos parvos do negocio da música e crearon o punk musical feito a base de guitarras rápidas e letras sen futuro, grazas a que lanzaban lapos e insultaban ao público seguindo a rica tradición barroca colleitaron éxito en todo o mundo.

Indumentaria punkEditar

Ola amiguiños! se estás lendo isto seguramente é porque eras un policía que desexa controlar á xuventude irresponsable ou eres un pequenoburgués acomplexado que desexa ligar mais e ser considerado un deus na terra, asi que presta atención!!

  • Indumentaria: vale todo, incluso os xerseis rotos de punto de túa avoa, hai que ir con camisolas negras e símbolos anarquistas, todo roto iso si, para que o cheiro a bravú que soltan se expanda polas cidades onde vive. Nos pés botas altas incluso no verán.
  • Peinado: cresta de diverso tamaño en diversos cores, todo o resto do cranio afeitado (os que teñen pasta) e senón con pelaxe de varios días.
  • Complementos: bolsos con pinchos ou multitude petos en chupas e pantakas, así como piercings e tatauxes e mesmo colar de can sadomaso ao pescozo.

Sabias que ...?Editar

  • ... o Punk non está morto?
  • ... morreu nos anos 90 pero algúns seguen facendo pseudopunk?
  • ... a maioría de xente que levaba camisolas dos Ramones no 2012 nunca escoitaran a ese grupo?
  • ... un punk coma Deus manda vive na rúa ou nun centro ocupado e non na casa de seus pais?
  • ... un punk coma Deus manda non vai uniformado?
  • ... Nina Hagen é a mamá do punk?

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Punk.

Outros artigosEditar