Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Feijóo sobre privatización.
Cita1.pngAll your empresa pública are belong do me and my associates!Cita2.png
Ser humano iluminado (xeralmente un investidor estranxeiro) no colgador de emprego dunha empresa pública.
Cita1.pngPrivatizar é o futuro!Cita2.png
Alberto Núñez Feijóo sobre privatización.

A privatización é un proceso mediante o cal as actividades dunha empresa pública son transferidas do sector público ao sector privado, é dicir, vendidas a rebaixas dende o Estado cara á investidores estranxeiros. Este proceso permite aos investidores estranxeiros, como Xilito McPato, intervir cada vez máis no financiamento e a prestación de servizos e leva consigo a introdución de cambios nas funcións e responsabilidades públicas cara privadas. Non se limita á venda de empresas públicas nin é ese aspecto especialmente indispensábel, xa que esta sería só unha dimensión dun proceso moito máis profundo que é aumentar os prezos, crear monopolios e acordos co goberno e enriquecer os investidores estranxeiros.

CaracterísticasEditar

A privatización, fundamentalmente, é desmontar o Estado e deixar os investidores estranxeiros vender libremente, baseándose nos criterios económicos das forzas do mercado e a libre incompetencia. Os procesos de privatización conducen entre outras cousas á desaparición dos monopoloios estatais e son propios do coñecido como liberalismo económico e en contra dos denominados sistemas socialistas ben como despedindo o maior número posible de empregados e baixando os seus salarios e eliminando os beneficios.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar