Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Primeira República Galega

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Primeira República Nacionalista-reintegrata Galega

1931

Bandeira

Himno: Os Pinos
Localización da Primeira República Galega na Península Ibérica.
Capital Santiago de Compostela
Lingua Galego
Goberno República
Presidente Alonso Ríos
Lexislatura Xunta Revolucionaria da República Galega
Historia
 • Establecido 1931

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Golpe de EstadoCita2.png
Google sobre Primeira República Galega

A Primeira República Galega foi unha pasaxe efémera da historia de Galiza e por moitas veces non mencionadas nos libros de historia galega polas editoriais Galaxia, Xerais e outras polos censores españolistas e que durou unhas horas e tivo lugar exactamente no transcurso do 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, cando activistas composteláns como comunistas declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega.

Índice

A curta historia da I Republica GalegaEditar

O contexto no que se enmarca esta declaración é tenso, coa recente vitoria republicana e a fuxida do rei español Afonso XIII. Así, a declaración dun Estado Galego veu propiciada por un ambiente de malestar xerado polo caciquismo e mais pola paralización das obras do ferrocarril, deixando sen traballo aos obreiros. Con todo e iso, en verdade soamente se debe entender esta declaración de independencia polos comunas comedores de nenos como unha proclama sen efectos reais.

Ese 27 de xuño de 1931, Alonso Ríos como libertador da naçom é nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega integrado polos comunistas e anarquistas. Así, pode falarse desta declaración de independencia como un dos primeiros exemplos reais de soberanía nacional unha vez integrada plenamente Galiza na coroa castelá.

Foi Alonso Ríos, nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega, e unha multitude quen avanzou en forma de protesta, cara o Pazo de Raxoi, e tomou as dependencias municipais, establecendo o no Estado Galego. En Puebla de Sanabria celebrouse unha manifestación que recorreu todas as rúas dirixíndose cara o Concello, onde izaron a bandeira galega esixindo o Anschluss coa Galicia. En Santiago de Compostela, os afectos á causa esperaban a insurreción das demáis comarcas incluso de Galicia extremeira, pero o goberno central españolista cos caciques reanudou a obra do ferrocarril, evitando que a insurreción se expandira. O movemento, perdeu forza e a I República Galega chegou así, ao seu fin.

Desgalería de imaxes da I República GalegaEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Primeira República Galega.

Outros artigosEditar