Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Primeira Guerra Mundial

Primeira Guerra Mundial
Europa mapa de 1914.jpg
Data 28 de xullo de 1914 - 11 de novembro de 1918
Lugar Europa, África e Oriente Medio (brevemente en China e as illas do Océano Pacífico)
Resultado Vitoria aliada
Casus belli Asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Austria (28 de xuño), declaración de guerra austríaca a Serbia (28 de xullo) e mobilización rusa contra Austria-Hungría (29 de xullo).
Cambios territoriais Disolución dos Imperios Alemán, Austrohúngaro, Otomán e Ruso.
Baixas
Soldados
Mortos: 4.386.000
Feridos: 8.388.000
Desaparecidos: 3.629.000[1]
Soldados
Mortos: 5.520.000
Feridos: 12.831.000
Desaparecidos: 4.121.000[1]

A Primeira Guerra Mundial foi unha partida de xadrez que puxo final ao xogo Age of Empires aló a principios do século XX.

Índice

Precuela: A orixe da guerraEditar

 
Guillerme II quedou moi bravo cando non levan a serio sobre o seu bigote.

Todo comezou cando o káiser Guillerme II publicou en todas partes que el tiña o bigote mais grande do Mundo, isto non gustou nada en Francia e o Imperio Británico que comezaron unha carreira de I+D para tentar que na face dos seus dirixentes medrase un enorme mostacho. Friedrich Nietzsche foi secuestrado para coñecer o segredo do seu enorme bigote pero morreulles no camiño asi que Clemenceau tivo que quedar cun bigotiño de nada.

O grupo indie Franz Ferdinand foron a tocar no festival indie de Saraxevo xunto a Bojana Stamenov que nese momento estaba moi cabreada con Austria porque non a contrataran para o filme "O Ilusionista" que era de Hollywood! Asi que Stamenov matou a Ferdinand e fuxiu a Serbia coa xuda do KGB, o Imperio Austrohúngaro quedou pampo e esixiu que a súa policía investigase no país veciño e este negouse polo que Austria cabreouse e declaroulle a guerra sen saber que o Imperio Ruso lla declararía a ela e todos os demais países europeos detrás... Todos? NON! España pasou do tema porque se repartira con Francia as migallas que lle deixou de Marrocos.

A GuerraEditar

 
Realmente Hitler e moitos dos seus compatriotas tiñan moi a crer que a guerra acabaría antes do Nadal... pero cal Nadal?

Adolf Hitler foi contento á guerra, dixéranlle que duraría tres días e de volta pra casa victoriosos antes do Nadal... iso lle dixeron, nembargantes foron catro anos (pero cal Nadal?) e cando regresou a súa moza tiña un fillo que non era seu, súa nai casara con xudeu e non o quería na casa e súa irmá estaban cun fan de Erich von Dániken.

Durante eses catro anos Hitler abandoou o seu comunismo ao ver o pior do ser humano e que o mellor era unha ditadura porque o home era un lobo para o home, mentres todo iso pensaba sucederon varias batallas.

Frontes da guerraEditar

A Primeira Guerra Mundial implicou a numerosos estados en distintos continentes: Europa, Asia e África.

Fronte occidentalEditar

No Fronte occidental houbo grandes batallas como a batalla do Marne, Sonme (onde se coñeceron os de Rammstein) Ardenas, etc. Aquí houbo grandes ostias e combates entre o Barón vermello e Corto Maltés. Nun primeiro momento todos os exércitos movíanse rápido pero colléronlle gusto á cousa e fixeron a guerra de posicións para que o Estado Maior fixera prácticas de estratexia movendo trincheiras e os actores tiveran logo material para facer películas. Finalmente os exércitos aliados seguiron cara adiante grazas á axuda de contrainformación feita por Mata Hari.

Fronte orientalEditar

A fronte oriental foi a guerra entre os Imperios Centrais e Imperio Ruso pelexándose por unhas cantas hectáreas esteparias e de pinotea entre Europa e Asia. A pesares dos enormes masas populares enviadas ao exército éste era tan corrupto e mediocre que só en dúas batallas contra Alemaña perdeu terras. Contra o Imperio Austrohúngaro tamén pelexou conseguindo que Romanía e algunhas etnias do carcere dos Habsburgo se lles unisen e por iso perderon tamén mais terras.

Fronte italianaEditar

Italia acabou entrando na guerra subornados con promesas de Francia e Reino Unido de que trala guerra Italia podería ter mais terras que pertencían a Austria ao seren conquistadas por Sissí emperatriz no XIX.

Fronte balcánicaEditar

Nos balcáns enfrontáronse o Imperio Austrohúngaro e Imperio Otomano contra Serbia, Montenegro e Grecia mais os seus amiguiños extranseiros que ían pescar a río revolto. Serbios e montenegrinos acabaron conquistados e Ataturk deulle polo a Winston Churchill.

Fronte africanaEditar

África sufriu a Primeira Guerra Mundial en todo o continente xa que os imperios atacáronse uns a outros nas súas colonias, gardadas por exércitos con tropas de indíxenas e oficiais europeos. Debido a que o Imperio Británico e Imperio Francés tiñan a maioría de África nas súas mans derrotaron enseguida aos boches, excepto en Tanzania onde Paul von Lettow-Vorbeck conseguiu manterse firme no posto.

Fronte asiáticaEditar

A fronte asiática decidiuse sobre todo en Oriente Medio, onde o Imperio Británico conseguiu que os árabes se sublevasen contra o Imperio Otomán e Mesopotamia caese en mans inglesas.

No outro lado de Asia o Imperio Xaponés pelexou contra Alemaña roubándolles algunhas illas mediante bombardeos con hentai coupando as Illas Marranas e tendo predominio nas relacións exteriores con China.

Guerra navalEditar

Batallas claveEditar

SecuelaEditar

A secuela desta guerra foi a Segunda Guerra Mundial onde vemos aos mesmos rivais desta guerra dándose de bombazos.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Primeira Guerra Mundial.

Outros artigosEditar

  • 1,0 1,1 Evans, David. Teach yourself, the First World War, Hodder Arnold, 2004, p. 188.