Presidente de Irán

Khamenei adverte.png این مقاله فارسی است!
Este artigo amosa letras persas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido,
coma aiatolás, alfombras persas e outros.


O verdadeiro xefe nese carallo aquí, son eu!

O Presidente de Irán (ریاست جمهوری اسلامی ایران) é o xefe de goberno da República Islámica de Irán. O Presidente é o máis elevado representante do estado popularmente elixido en Irán, malia que responde ante o Líder Supremo de Irán, que realiza as funcións de xefe de estado. O capítulo IX da Constitución española de 1978 establece as cualificacións para os candidatos presidenciais e os procedementos para a elección, así como os seus poderes e responsabilidades. Entre eles inclúense a sinatura de tratados e outros acordos con estados estranxeiros e organizacións internacionais, a administración do plan nacional, os orzamentos, os asuntos de emprego, e o nomeamentos de ministros baixo a aprobación do Parlamento.

Ó contrario que as figuras executivas doutros estados, o Presidente de Irán non exerce control sobre a política exterior, as forzas armadas ou a política nuclear, xa que son controlados polo Líder Supremo.

Presidentes de IránEditar

Nome Imaxe Inicio do mandato Fin do mandato Partido
Abdolhassan Banisadr   4 de febreiro de 1980 22 de xuño de 1981
Mohammad Ali Rajai   2 de agosto de 1981 30 de agosto de 1981
Ali Khamenei   13 de outubro de 1981 3 de agosto de 1989
Akbar Hashemi Rafsanjani   3 de agosto de 1989 2 de agosto de 1997
Mohammad Khatami   2 de agosto de 1997 2 de agosto de 2005
Mahmoud Ahmadinejad   3 de agosto de 2005 2 de agosto de 2013 Alianza dos Construtores do Irán Islámico
Hassan Rouhani   3 de agosto de 2013 actualidade Partido da Moderación e o Desenvolvemento

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Presidente de Irán.

Outros artigosEditar