Pradolongo (filme)

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pradolongo.


Pradolongo é unha película galega moi mala feita a principios do século XXI baixo a dirección de Ignacio Vilar.

Pradolongo
Título orixinal Brausoníchot (en Nadsat)
Pradolongo.jpg
Pradolongo, moi longo
Ficha técnica
Director Ignacio Vilar.
Produtor Xose Manuel Baltar
Guión Jipilou.
Baseado en
Intérpretes Xosé Tojeiro, Paulino de Chantada, Rubén Riós, Tamara Canosa
Música Zeltia Montes
Fotografía
Montaxe
Estudio
Distribuidor
Ano 2009.
Duración
País Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Xénero Medre socialecolóxico
Orzamento algúns millóns.
Filme anterior
Filme seguinte
podriño Ficha en IMDb

ArgumentoEditar

 
Neste filme hai moito amor e pouco guión.

Martiño, Armando e Raquel son amigos e debido a sitacións estruturais todo muda xa que a cultura occidental cristiá non é amiga de tríos finalmente a coprotagonista remata índose co jipi de Martiño antes de marchara a Barcelona a estudar enexeñaría telepática.

Martiño ten a idea de vivir das vacas (coa idea falsa de que a carne de vaca ten moi bó prezo) e consegue reunir a outros veciños pra facer un castelo no aire. Debido a que o Martiño tena cabeza chea de ideas hipsters quere seguir mantendo a economía de subsistencia anterior ó capitalismo mentres se pelexa co irmán maior que vive da lousa e levou ós pais fai pouco ver un piso a Torrecedeira (Vigo).

Debido a que Raquel é unha femme fatale e anda ás brincadeiras co ámbolos dois. Á vez Martiño ten o sono jipi de facer unha gandeiría ecolóxica de secta naturista pero como o empresario mineiro lles ofrece miles de euriños os outros deixan a Martiño co ao aire e finalmente sua nai vende á minería.

Tras tentar o Armando un ménage a trois en Pradolongo so dous marchan á festa. Como nela a Loli tenta foder no baño mais seu irmau fastídialle o polvo os dous amigos coma bos amigos que son van a un puticlub a chingar pero Martiño que é medio jipi ao final nada.

Ao final a rapaza muda de opinión debido a que nai lle fala da vida e do sexo con precaución... Non! fálalle de Miguel Anxo e como mete follas na súa obra... isto fai que a rapaza vire tola e vai buscar a Martiño pra morrear salvaxemente en Pradolongo enpelotados.

PersoaxesEditar

  • Martiño: o persoaxe Bó boísimo... boísimo? Boisísisisisisismo, tanto que mete medo. Soña con vivir coma no tempo dos castrexos e ter unha gandeiría ekkolóxica coidada por unha secta animalista. Aínda que o rapaz ten boa planta e liga a dios cando se lle poñen a tiro, incluso rexeita unha puta porque súa amiguiña hipster lle deu unha pulseira. Pero... pero quen cona inventou a este conainas de personaxe? Está namorado de Raquel (non como armando que só quere intercambiar fluídos con ela) e non lle fai ningún sinal asi que só ao final consegue algo dela.
  • Armando: o malo malísimo que só pensa en foder e darlle polo cu a Raquel, debido a que é un armadanzas consegue estar a soas con ela e invitala a ir a Padania e como non llo din a Martiño a amizade desetruturase un pouco... e nada mais!! Pero quen escribiu isto?? É amigo de Raquel e se pode chingala pois millor que millor oe.
  • Raquel: femme fatale con cara de riquiña, facéndose de rogar pra pillar cacho co fillo do empresario mineiro.
  • Lourenzo: empresario mineiro ten cara de malo pero é normal e cando ve que a lousa de Pradolongo é HD paga ó seu prezo. Aquí neste personaxe só é usado como mecanismo de reacción e non só é unha pantasma que move a acción da peli.
  • Loli: e penca da zona que quere cazar a fortuna do fillo do rico da zona.
  • Neves: á que nunca oen, nunca queren baillar con ela..por iso se farta e alístase no exército pra ir matar peña por ahí chea de carraxe. Esta e Loli son das mellores actuacións de actores novos.
  • Varios persoaxes-fondo sen mais falando coma se foran de Viana do Bolo así descafeinado, o que é algo raro xa que a acción transcorre pola zona do Barco de Valdeorras e o "pradolongo" atópase en Penatrevinca, é coma si fan unha película medieval con acento chinés.

Realización da películaEditar

O filme foi feito en 2007 cunha ideoloxía pseudoprogre filla da época de vacas gordas desa época (que tocaría ó seu fin coa Crise económica de 2008) e debido a deficiencias estruturais (guión, cástings, dirección, camaras) saiu moito na TVG. Debido a que os actores telegaiteiros e o cameraman eran malísimos tivéronlle que dar algunha subvención.

O idioma empregado é unha variante dialectal da zona oriental ourensá. Podendo ser un filme de descubrimento e de paso de neno a adulto fica nunha historia benintencionada que non pasa dun filme bucólico pero sen poesía.

Podéndose facer unha bildungsroman todo remata nunha historia light de jipismo trasnochado, que seu director, Ignacio Vilar volvería retomar no seu segundo filme "Vilamor" co seu actor fetiche Rubén Riós.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Pradolongo (filme).

Outros artigosEditar