A sagrada Desgalipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Desgalipedia é fornecer unha wiki libre de contido, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 83 contas de usuario rexistradas na sagrada Desgalipedia, e entre elas 3 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Desgalipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.