Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
Escudo de Ponte Caldelas
Eulaliapontecaldelas.jpg
Algunhas están algo perdidiñas con tantas caldas.
Situación
Situacion Ponte Caldelas.PNG
Xentilicio[1] pontecaldelán
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca de Pontevedra
Poboación hab. (2020)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación 9 parroquias
Capital do concello
Política ()
Alcalde Pericos dos Palotes ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2020, ou non.
Cita1.pngPuente Cadenas, se dice Puente Cadenas!!Cita2.png
Galicia Bilingüe sobre Ponte Caldelas

Ponte Caldelas é un concello da provincia de Vigo.

A pesares diso non ten costa e si moito monte e montaña onde os ríos van encaixados e nas súas beiras se refuxian patrullas de Orcos fuxindo do xenocidios feito polos Elfos, así como xipis trasnoitados e parellas da garda civil na procura de criminais de Estado para conseguiren algunha medalla e conseguiren un mellor posto.

Índice

HistoriaEditar

 
Ametralladora montada nun tractor durante a III Guerra Mundial.

Ponte Caldelas foi fundada polo monstro do Espagueti Voador (que deixou seu autoretrato nos petroglifos da Laxe das cruces. Grazas á súa administración conseguiu fabricar o primeiro polígono industrial da Galicia profunda e así Pontecaldelas non se deshabitase e formase unha conurbación con Covipor, convertíndose nun barrio-xardín a finais do século XXII.

Na Idade Media Sauron construiu varias pontes entre os diversos volcáns da localidade de ahí lle ven o nome) co fin de crear unha puxante industria metalúrxica pero debido a que foi derrotado polas tropas canfrautas de Gandalf o capitalismo tardou en chegar aquí e por iso aínda hai moito atraso nesta terra, polo que os caciques de Madrid o aproveitan e convertiuron este lugar nuha colonia do imperio español.

Na Guerra de Independencia española esta zona foi liberada pola Primeira División de gaiteiros de Terra de Montes xuntos cos mujaidíns locais.

XeografíaEditar

 
Típico ritual sanguento no alto do Couto da Brea.

Atópase pegado á Dorsal Galega pra así se os presos fuxen se perdan pola Galicia profunda e serán comidos por lobishomes, calquera meiga chuchona e mesmo algún xacio.

Flora e faunaEditar

Debido ás augas radioactivas hai pouca vida animal, menos mal que os verquidos do polígono industrial do Campiño aínda aparecen algunha laberca, xabaríns verdes e outros marsupiais.

EconomíaEditar

Ponte Caldelas depende da exportación de man de obra barata, augardente e petróleo (ai non! iso era URSS), exportación de materias primas (madeira, carne vacún) man de obra barateira e turismo sexual.

ParroquiasEditar

Véxase taménEditar