Poboación
En socioloxía e bioloxía (clases que dorme na aula), unha poboación é un grupo de persoas, ou orgasmos dunha especie particular, que viven nunha mesmiña área xeográfica, ou espazo, e cuxo número se determina normalmente por un censo.
A demografía é o estudo estatístico das poboacións humanas. Aspectos varios do comportamento humano nas poboacións estúdanse en socioloxía, economía, e xeografía, en especial outras clases que dorme na aula, na xeografía da poboación. O estudo de poboacións normalmente está gobernado polas leis da probabilidade, e as conclusións dos estudos pode non ser sempre aplicables a algúns individuos.
Teorías de poboaciónEditar
Estas son teorías para explicar os patróns do crecemento da poboación en diversos países do mundo. Segundo a Galipedia, as teorías da poboación poden clasificarse en tres grupos:
Densidade de poboaciónEditar
- Artigo principal: Densidade de poboación.
Chámase densidade de poboación ao número total de habitantes dividido entre o número de km² dunha zona, rexión ou país determinados. A densidade de poboación mídese dividindo o número de individuos entre a área da rexión onde viven.
Os países coa meirande densidade de poboación son microestados: Mónaco, Singapur, a Cidade do Vaticano, e Malta. Entre os países de maior tamaño, Bangladesh é o que teñen maior densidade de poboación.
Pirámide de poboaciónEditar
- Artigo principal: Pirámide de poboación.
A distribución por idade e sexo dunha poboación dada, unha nación ou rexión normalmente represéntase cunha pirámide de poboación. Esta distribución triangular coas porcións da poboación no eixo horizontal X e os grupos de idades de cada 5 anos no eixo vertical Y. A poboación de homes está representada na parte esquerda do eixo vertical e a poboación feminina á dereita.