Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Pepiño Meixón

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Xosé Meixón Area
Pepinho Meixon.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XX D. de C.
Marín,PontevedraBandeira de Galicia.jpg Galicia1899-1980
Nacionalidade galega
Ocupación Artista tolo.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Van GoghCita2.png
Google sobre Pepiño Meixón
Artista contemporáneo de Marín,Pontevedra; que tras un suceso traumático fuxiu ao monte e caeu nun estado depresorio e a incomunicación total, salvándose da tolería grazas ao espírito dun vello petroglifense que tomou seu corpo e deu en facer obras de arte marxinais á altura de jean Dubuffet,Adolf Wölfli, Michel Tapié.

Vida e obrasEditar

Meixón naceu en Marín en 1899, e nunca saeu da súa aldea, ata que nos anos 20 a garda civil o tentou reclutar pra ir pelexar na Guerra do Rif(en Marrocos)e él como era un pacifista convencido(as malas língoas sempre dirán que que tiña medo de qe lle pasara a él o de Annual)fuxiu ao monte, alí permanenceu agochado e vivía como Xesús de Nazareth no deserto, ata que Francisco Franco comezou a Guerra Civil Española e varios veciños sesus de Marín fóronlle facer compañía no monte fuxindo dos asasinatos políticos provintes do cuartel de Marín e da base segreda de submarinos nazi.

Debido á persecución política e que había demasiada xente xa no monte Pepiño voltou baixar a Marín, e vendo como as pintaban deu en calar(outra vez) e tentou refacer a súa vida, pero como quixeron voltalo coller pra ir matar xente regresou ó monte, dalí só baixaría anos mais tarde. Debido ás malas condicións de vida e influenciado polo que din os rumorosos da costa verdencente comezou a plasmar o seu universo interior nas rochas,laxes, cotos, penedos e demais pedras que había cerca súa.

Entre os motivos que este artista marxinal amosaba nas laxes estaban as frases apocalípticas, outras con sentido revirado(que nin as verbas retorneadas de san Xoán), figuras elementais, animais e temas abstractos, debido á presión do seu contexto sociopolítico deu en gravar tamén algún que outro escudo nacionalista español e de Falange Española(para que non lle meteran un balazo na caluga enténdese) así como seguir cgravando enormes frases idiosincráticas en pontes e capelas.

Nos últimos anos algúns teóricos da teoría Conspirativa ven nel a un enviado dos Petroglifenses de fai 4000 anos atrás que enviaron a un dos seus nunha máquina do tempo pra amosar ao mundo a sinrazón das guerras e que o continuo explotamento do planeta levría á humanidade ao desastre ou á completa extinción da especie ou da vda na terra.

ObraEditar

  • Pombar gravado con pombas e outros paxaros.
  • Capela do S XVII con frases idiosincráticas dvirtindo da chegada do capitalismo destructor de Galicia.
  • Laxe das esvásticas, un horror vacuii de cruces solares.
  • Ponte gravado.
  • Petroglifos con escudos e frases idiosincráticas.
  • Penedo das teas, con frases de escuro significado que grazas a unha armonía universal crean unha obra de arte.
  • Laxe dos Mouros, onde amosa seu universo interior a través de frases cortadas por motivos abstractos.
  • Pedra dos homiños, ó vela ficas pequeno e ves a condición humana real.