Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Pepe da Pena

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Xosé Cerviño García
Pepedapena.jpg
Información
Nacemento 23 de maio de 1843.
Augasantas, Cotobade Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 4 de xaneiro de 1922
Cotobade, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Artista.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: RodinCita2.png
Google sobre Pepe da Pena

Xosé Cerviño García, mais coñecido como Pepe da Pena ou mestre Cerviño, foi un canteiro-escultor galego, a súa obra mais coñecida son os cruceiros-calvarios de Hío (Cangas do Morrazo) e Cotobade.

Índice

Vida e obrasEditar

Nado en Cotobade a mediados do XIX, no seo dunha familia mataraposas que non tiña onde caer mortos, polo que meteron ó rapaz como escravo da Sociedade Segreda dos Canteiros (unha sociedade masónicasatánica galega) e comezou como barreiro a traballar pra eles en obras diabólicas (erguer muros, facer lareiras, chemineas, restaurar pontes romanas, etc) debido a que tiña labia, facíalles a pelota ós mestres e era moi guapiño foi ascendendo no organigrama pasando a compañeiro aprendiz e pasou de levaros mandís da loxia a lavar a ser responsable do mantemento dos picos e ciceis ds irmáns canteiros.

Como sempre chegaba tarde á entrega dos nosos ciceis afiados polo ferreiro seu mestre descobriu que enrealidade era que o rapaz ía tallar ós penedos cos ciceis, asi que o ascendeu a compañeiro aprendiz e logo marcharon de putas ao pub a celebralo. Coa primeira cervexa que bebeu dun grolo Cerviño tivo unha epifanía, unha unión mística do seu ki co karma cósmico que lel amosoua realidade, estaban rodeados de demos e os anxos eran uns fillos de puta que se chivaban a Deus se te masturbabas e só a Virxe María se preocupaba en verdade pola humanidade.

Cando chegou ó canizo onde vivía cos pais recibiu unha tunda e así nunca mais foi aos botellóns (procedemento que aconselamos ós pais de rapaces que fagan iso) e así Cerviño sí que bebía, pero durmía a mona sempre no párking das discotecas (así consegiu mollar a rosca un día que se lle achegou unha bébeda a ouriñar ao lado del a moi inxenua). Como o rapaz era moi bó coa pedra finalmente accedeu a grao de mestre, pero non chegou a Gran Mestre e Inspector do Arco Real Xuíz escocés grao 33 debido a que nacera en Galicia e nunca fora a Madrid, nembargantes tivo a súa propia cuadrilla de canteiros aos trinta anos e comezou a recibir encargos de toda Galicia do Sur e mesmo saiu nun reality ianqui (que nos Estados Unidos Profundo tentaron copiarlle o estilo).

ObrasEditar

  • Cruceiro de Hío (Cangas do Morrazo).
  • Cruceiro de Cotobade.
  • Catedral de Notre Dame.
  • Cruceiro de O Porriño (foi a esta localidade a ensinarlles picar pedra).
  • Muralla de Monte Aloia (Tui) un encargo recibido dos mouros.
  • Restauración da escaleira de caracol do mosteiro de Santo Domingos de Bonaval (Compostela).
  • Capelas en Lourizán (Pontevedra).
  • Sepulcro do apóstlo Santiago.
  • Restauración igrexa de Cotobade e de varios panteóns.
  • Pórtico da Cidade da Cultura de Galicia.
  • Restauración de miles de campanarios de igrexas polo Morrazo.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xosé Cerviño García.

Outros artigosEditar