Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Pedro Sarmiento de Gamboa

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Pedro Sarmiento de Gamboa
Pedro Sarmiento de Gamboa.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XV D. de C.
A Moureira, Pontevedra Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 1592
Lisboa, Bandeira de Portugal.png Portugal
Nacionalidade galega
Ocupación descubrir novos planetas e navegar polo espacio sideral

Pedro Sarmento de Gamboa foi un mareante e funcionario galego ó servizo do rei Filipe II de España.

Vida e travesíasEditar

Nado en Pontevedra no pazo dos Sarmiento (condes de Ribadavia) foi educado pola súa avóa Tareixa Sarmiento de Puga nas artes escuras, estudou bacharel no CUVI, onde trabou amizade con varios cabaleiros reintegratas participando en varios lobbies pra presionar á opinión pública cara a democracia participativa e asemblearia.

Como ese asunto non lle daba de comer e por irba facía que seus parentes todos se cabreasen con él foise enrolar na mariña, meténdose de grumete no barco "Village People" con bandeira de Holanda, onde adeprendeu o arte de navegar e, tras un motín gañar o posto de capitán grazas ás artes escuras, levou o barco a Londres e vendeulles as cartas de navegación á raíña inlgesa (feito que lle deu ventaxa sobre a liga hanseática) o barco encallouno na Rochela e fuxiu cara Galiza facendo o Camiño de Santiago.

Indo á altura de León detívose en Mansilla onde trabou contacto cunha partilla concellil que levaba homes a loitar nos Tercios, alistouse con eles ou o fixeron alistar e marchou a Toledo, onde desertou e fixo amigos entre os grandes nigromantes/xamáns que alí inda ficaban desde a Idade Media e memso chegando até a Corte do rei Filipe II, do cal conseguiu permiso especial pra viaxar ao Perú e contactar cos chamanes incaicos pra "compartir" sabedoría.

Durante a travesía o capitán do barco morreu de febre e Pero Sarmiento tomou o mando tras defenestar ó segundo de abordo (que sempre ía peneque e era impoopular entre a tripulación que lle podía facer un motín) chegando ao Callao, alí contactou con varios parentes seus a través dos cales coñeceu as colonias e os seus teixamanllos, como daquela a Coroa española enviaba poucos funcionarios competentes e se necesitaba enviar unha frota expedicionaria aunhas illas o noso protagonista postulouse pro cargo de dirixila, mais como non tiña enchufe ficou co cargo Álvaro de Mendaña (sobriño do presidente da Real Audiencia) ó mando do cal zarparon pra iren explorar illas, descubrindo as illas Salomón.

Nesta viaxe tívose que enfrontar co seu superior xerárquico debido a que debecía por baixar a terra a foder nativas e Pedro Sarmiento a explicarlle que iso era un atentado ecolóxico ao biotopos sexual das indíxenas (así pasou a sífile a Europa din),tras varios anos costeando illas e mais illas sen ouro voltaron á base, mais cando chegaron tiveron que pagar débidas, aparte de que perderan os seus padriños e xa non gozaban da protección do anterior superfuncionario, debido ás pelexas entre os funcionarios e demais intrigas coloniais Pedro Sarmento de Gamboa marchou cos seus cartos a mercar algún predio en Ventanilla, como asesor económicolingüístico dos barcos que chegaban ó porto do Callao.

Alí coñeceu a Rosário Lópes de Puga e Soutomaior da Caminha, coa que tivo seis fillos bravos e diversos padriños que lle conseguiron un grande encargo, investigar todo o vello imperio inca e sacar un informe pro CNI, así fois einternando por todos os andes visitando chacaritas e moches dos xamáns incas e obtendoos segredos milenarios que plasmou no seu informe pra Coroa spaniola. Cando voltou ao Callao atopouse cun mensaxeiro do rei Filipe II, a misión segreda de perseguir e capturar ao corsario Drake cunha frota de once barcos.

Debido a que era tanta xente sóubose enseguida cal era o obxectivo,Francis Drake, eclaro, éste non apareceu, xa que era buscado por todo o cono sur él botou as mans á cabeza ó saber que era Pedro Sarmento de Gamboa quen ía atrás del e fusiu cara o norte de América(fundando Los Ángeles nunh singladura moi aburrida),asi que Pedro Sarmento de Gamboa andivo dous anos polo Cono Sur adiante busca que te busca ó corsario e así, de paso limpou a zona de piratas e corsarios, garantizando que o ouro que saíse do Callao fose en paz alomenos até o medio do Océano Atlántico. Grazas a esta laboua tamén se cartografou mellor as illas e costa do estreito de Magallanes, e dous anos despois foi enviado de volta á zona pra erguer unha colonia alí, no cu do mundo, pra controlar a zona e que ningún fora invadir a Antártida antes que a Coroa española.

A colonia fundada no estreito de Magallanes (primeiros habitantes arios de Chile) morreu de fame xa que Pedro Sarmiento foi apresado por corsarios británicos ó tirarlle éstes os mástiles da súa nave, e levado preso a Londres, onde a raíña Isabel o recoñeceu, lle pediu perdón e o liberou. Pedro cruzou cara o continente e baixou por toda a costa do golfo de Biscaia durante varios anos e de paso espiando, tomando nota dos portos e das súas defensas, así como do material militar que se aprestaba nela, estando nestas foi apresado polo príncipe de Bearn, Enrique de Navarra, cerca de Bayonne (Baiona francesa) e pediu ó rei Filipe II un rescate de 30.000 ducados, e non o soltou até ter a cantidade, a pesares de que a raíña de Inglaterra e Sir Walter Raleigh (corsario inglés que sería logo executado polos ingleses coa mediación de Diego Sarmiento de Acuña) lle pedian que o soltara.

Tras pagar o rescate Gamboa voltou á Moureira (Pontevedra) e desestresarse no pazo familiar, onde foi ben recibido e oíu misa por tres días seguidos invocando a San Telmo e a Berobreo(santos patróns dos navegantes); como consolación recibiu o título de Capitán xeral do estreito de Magalhanes, e como premio á súa sabedoría cartográfica o de Almirante da Garda de Indias, e como tal vai a Madrid onde o rei Filipe II pousou a Corte (en vez de facelo nun porto coma Lisboa pra así mellorar o control sobre América e Europa) e recibe o mando dunha frota de limpeza corsaria e de piratas pra que así os galeóns acugulados de ouro das Indias chegan sana e salvos a Sevilla (porto único onde se desembarcaba todo o ouro de América).Como no tivo tempo pra desetrsarse de todo en canto subía coa Armada desde Cádiz á A Coruña morreu dun colapso cardíaco.