Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Pazo

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pazo (homónimos).
O qué pasaría dentro dos pazos...

Un Pazo ou Casa grande é unha construcción civil da Alta Sociedade típica da Idade Moderna. A súa equivalencia é o Palacio, aínda que o nome de pazo soe usarse só para "palacios" no ámbito rural e son vistas con certo menosprezo exótico aínda que eran as residencias oficias da nobreza ero debido ó nacionalismo español o nome pasou a designar algo así como casas de vacacións rurais lonxe da Corte.

Índice

Etimoloxía de pazoEditar

A verba PAZO provén do latín "Pallatium" (que noutros sitios deu palacio, palace e mesmo palas, como en Palas de Rei) que á súa vez proviña do Monte Palatino en Roma, residencia do emperador.

Características arquitectónicasEditar

 
Canto vicio houbo neles!
  • Tamaño: o seu tamaño sobresaía entre as casas dos veciños tanto pola altura como pola lonxitude, alcanzado a alatura de un piso co baixo ocupado por habitacións agropecuarias (cortes e silos).
  • Decoración: Os pazos copian modelos barrocos e neoclásicos, incluso o pazo mais pobre tiña unha moldura barroca e un pequeno escudo de armas contrastando cos pazos das familias mais poderosas que erguían grandes chemineas con praza, capela e balconadas monumentais, algúns incluso restauraban as torres.
  • Funcionalidade: o pazo reúne as funcións de prestixio social, económico e militar:
  1. Prestixio social: a base de impresionar co tamaño do edificio e as súas decoracións o que lle confiren unha monumentalidade case xemelga á da igrexa do lugar. Por outra banda no edificio principal non só había espazos para habitación (humana no primeiro piso e animal no baixo) e almacenamneto, senón que existían salóns con ricos mobles.
  2. Económica: o pazo era a casa do dono da sterras circundantes que, traballadas polos labregos veciños, eran a súa riqueza e cada ano recibía un porcentaxe según marcase o foro, almacenando os productos nas súas adegas e vendendo o excedente con privilexios fiscais e mercantís. Por outra banda na súa contorna atopábanse o único pombar do lugar e a posesión dun lugar fácilmemte defendible servía como "banco" para os veciños que ficaban presos polos créditos ao señor.
  3. Militar: moitos dos pazos teñen anexas torres ou torreóns, nos cales se podían defender contra ladróns ou soldados inimigos, (algúns incluso colocaron garitas ao lado da porta principal), servindo como caixa de recrutameto e lugar de defensa comunal, xa que os castelos atopábanse a maioría en ruínas.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Pazo.

Outros artigosEditar