Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Paloma Calvo Varela

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Paloma Calvo Varela.
Palomacalvosxbmb.jpg
Información
Nacemento Probablemente nos 80.
Arteixo Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Escribir para matar pantasmas!!!!.

Paloma Calvo Varela, xornalista e escritora galega de Arteixo á que se lle adicou o Día das Letras Galegas en 2198 sendo presidene da RAG Muahmmad Souto.

Índice

Paleovida e artigos bioEditar

Nada en Arteixo (Coruvigo) na era da heroína, filla segunda dun matrimonio de seres humanos fillos de Breogán, pasou a súa infancia tentando saber porqué súa irmá mor se enfadaba ao fedellarlle na súa habita ata que descubriu todas as revistas de Ciencias ocultas que gardaba para invocar a Dagon.

Debido ó choque interxeracional (súa irmá maior andaba con satanistas e seus pais a sachar na procura dos mouros) refuxiouse na literatura, descubrindo demasiado cedo a Hermann Hesse mailo Edgar Allan Poe, esta mistura custoulle un ictus cerebral e parir miles de relatos curtos sobre animais satanistas que facían orxías de sangue o día que nacía o Anticristo. Na adolescencia afortunadamene caeu nas súas mans a revista Superpop! que fixo que se separase das súas amigas pijas e fose parar ó grupo de frikis e outros marxinados dos instintos que a iniciaron na masonaría, de onde sacou a idea de facerse xornalista para mudar o mundo (a outra alternativa, converterse no Che Guevara, estaba prohibido no Fraguismo). Aínda que tentou estudar enxeñería informática deixouno tras recibir unha amable invitación dun espía para que traballase para eles.

Conseguiu fuxir da adolescencia problemática (debido ó frío da rexión os porros non se dan nestas latitudes) e chegou á USC para seguir os pasos de Manuel Rivas e Hunter S. Thompson. Entre créditos e clases de recitamento de feitizos consegiu pulir varios dos seus relatos na loxia dos canteiros conseguindo varios premios.

Libros de Paloma Calvo VarelaEditar

  • A Vinganza da mantis: libro de relatos sobre a Idade Contemporáneae como os xipis son uns mentiráns e coas drogas non se consegue expandir a mente.
  • 23 F(uck): novela río osbre os resortes de poder que se poden mover ao estar autolexitimado pra violencia.
  • Areas de Sabón: novela negra d eintriga, un conselleiro aparece afogado na praia de Sabón en Arteixo ao mesmo tempo que o seu dobre enano que traballa de pornstar en Valencia.
  • Versos de Sabón: en realidade son himnos perversos para invocar a Cthulhu....

Obras colectivasEditar

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Paloma Calvo Varela.

Outros artigosEditar