Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Paleolítico

Cachonda paleolítica

O Paleolítico ("pedra antiga" do grego παλαιός "antigo" e λίθος "pedra") é un período da Prehistoria(xunto co Neolítico) no que o ser humán inventou a roda, domesticou o lume, inventou a Deus, coordinou a evolución do planeta Terra, en suma fíxose un home a partires do mono.

Índice

Historia... ou PrehistoriaEditar

O Paleolítico abrangue o 99% da historia do ser humán, vai desde que éramos uns monos en África até o momento en que inventamos a agricultura.

EconomíaEditar

Vivían da caza e recolección de meteoritos que despois vendían aos extraterrestres, éstes a cambio entregáranlle a sabiduría pra así poder vivir mellor. Sempre se pensou que a estrutura socioeconómica se baseaba no dominio da forza e violencia sobre os demais pero estudos recentes en nas covas de Sarria amósannos unha sociedade estruturada en torno á cooperación e as orxías comunais.

EspiritualidadeEditar

Nesta época invéntase a Relixión pra poder pasa-lo tempo sen tirarse lascas de sílex á cabeza; existen moitas e variadas crenzas pero case todas comparten a crenza no gran superpoder que alcanzan a xente despois de morrer e da presenza de seres sobrenaturais que aínda que non se ven sí se sinten (como o vento); por outra banda aínda non comprendían que foder causaba embarazos asi que pensaban que os nacementos de meniños era algo máxico e crearon a pornografía como ofrenda ás forzas máxicase e poderosas que lles permitían existir.

A muller era o centro da relixión e era adorada, atopáronse centos de estatuiñas de mulleres deusas.

TecnoloxíaEditar

Debido ó seu comunismo a tecnoloxía non avanzaba moi depresa, pasaron de usar follas a usar paos afiados, e un día que tocaron un misterioso monolito comezaron a empregar ósos e pedras que eles afiaban pra cazar e aumentar a súa dieta carnívora o que fixo que melloraran de golpe (ves? o vexetarianismo é malo).

Nesta época invéntase de todo: a roda, o lume, a cerámica, o porno, a Arte,os electrodomésticos, a Relixión, o matrimonio, a brubulla inmobiliaria, a guerra, as armas, o ecoloxismo, etc.

ClimaEditar

Esta época viuse dominada por grandes períodos de friaxe que conxelaban incluso o mexo en canto saía da pirola, a veces viñan grandes desxeos provocados polos motores dos Ovnis e aquí era cando había mais procreación e claro logo voltaba o frío e escaseaban os recursos polo que inventaron a guerra pra poder seguir existindo e a menos bocas que alimentar mais alimentopos demais.

O Paleolítico en GalizaEditar

Durante esta época Galicia xa emerxera totalmente do Mar, os primeiros seres humáns chegaron a través dos crusos dos Ríos Limia e Miño, poboando o interior desde a costa, habitan o interior das covas pra poder foder ao quente e nelas fan graffitis pra expresar o arte que levaban dentro e poder ver algo a televisión, o resto do día o psaban indo dun lado a outro a cazar pra poder comer(sobre todo Biosbardos) e cambiaban de residencia cada dous por tres.

Destacan os xacigos de Triacastela (lugo), Gándaras de Budiño (o Porriño, Vigo), Piteira (Toén), A Chaira (San Cibrao de Las), Pazos (San Cibrao das Viñas), Chan de Cereixo (A Portavedra, Gondomar), Arbo e Camposancos (A Guarda), destacan o colgantes que se facían estes cadeloflautas como os de Pena Grande (Vilalba), Prado do Inferno I (Muras), Pena Grande (Férvedes, Lousada, Xermade) e as covas de Valdevara (Becerreá).

Ademais entre a fauna destcaba o oso das cavernícolas, famoso polas súas violacións de mulleres (claro logo así saian os lobishomes) e o touro primitivo.

V  C  E h
Idades prehistóricas
Holoceno   La Tène   Protohistoria
  Hallstatt
Idade do Ferro
  Bronce Final  
  Bronce Medio
  Bronce Antigo
Idade do Bronce
    Calcolítico    
  Neolítico Prehistoria
Mesolítico / Epipaleolítico
Plistoceno     Paleolítico Superior  
    Paleolítico Medio
    Paleolítico Inferior
  Paleolítico
Idade da Pedra

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Paleolítico.