Os Tonechos

A galega.jpg Os Tonechos é unha cousa da Telegaita.
Use con moderación para non sentirse manipulado pola Xunta de Galicia.
Pero coidado: se vandalizar, Feijóo ha te borrar cunha goma.

Os Tonechos foi un grupo de intelectuais galegos que lle deu á cultura galega a máxima altura intelectual, así como facela famosa polo mundo inteiro.

Historia dos TonechosEditar

 
Vítima dunha emisión deste programa telegaiteiro.

Todo comezou cando se xuntaron na TVG os actores Roberto Vilar e Víctor Fábregas e o guionista Xavier Manteiga pra orquestraren un programa de cámara oculta e así espiar ós políticos da oposición, debido a que non tiña formación e eran mais literatos que outra cousa, o goberno de Manuel Fraga decidiu sustituilos e como xa tiñan un presuposto asignado convirtiunos nun think tank de dereitas para seguir mantendo o poder na Xunta xa que se cambaleba cos corneamentos que lle metía o Xosé Manuel Beiras.

Fraga enviounos a estudar á RESAD de Madrid (daquela aínda non había ESAD de Galicia) e formáronse como actores no método Putajenski-Waylord e pubicaron en diversos medios do sector facéndose un oco no sistema mediante escraches a Sito Miñanco, do cal se fixo amigo o Fábregas.

Así foron polo mundo adiante collendo ideas aquí e acolá e poñéndoas en práctica no programa Luar, e vendo que os galegos non evolucionan, ellos decidiron aproveitarse diso e crear o grupo dos Tonechos, que os faría evolucionar a velocidade da luz mediante hipnotismo pailán e o travestismo papaleisón. Mais aquilo non funcionada asi qe acoderon a Michel de Foucault que lles deu os conceptos adecuados e así funcioanron do revés, creando unha familia (a dos Tonechos) disfuncional e arrítmica, habitantes da Galicia do pasado século XX, que aínda falan castrapo e non a real lingua esplendorosa da RAG.

A peripecia ideolóxica deste grupo de intelectuais galaicos non se viu entorpecida polo cambio de poder na Xunta de Galicia, aínda que caeu o Fraguismo o Bipartito galego permitiulles a súa andaina, xa que era o que o pobo democrático e populacheiro da Galiza o quería, xa que gostaba a sociatas e pepeiros por igual (aos bloqueiros só lle gustan as gaiteiradas).

Mais debido ó abuso da cocaína pra faceren seus guións surrealistas e que as expectativas e obxectivos (libertar a Galiza, culturizar ós galegos, mudar os seus costumes fanáticos, instruilos na cidadanía responsábel, etc) non se cumprían a curto prazo decidiron tirar cada un polo seu lado, tras ver como o Show dos Tonechos ficaba estancado na repetición dos mesmos arcos argumentais (xa se parecía demasiado ós de Pratos Combinados), cada un decidiu aceptar distinta sofertas doutros magnates do entretemento:

  • Roberto Vilar: consegiu ter un programa propio que durou moi pouco na Tele privada nazional e logo voltou a Galicia.
  • Víctor Fábregas: como se fixo fariñeiro xa pouca xente o aguantaba, andivo en varias series e actos culturais, ata que foi nominado ós Goya e participou en varias series e filmes como actor de culto.
  • Xavier Manteiga: participou como guionista xefe en varios filmes e curtametraxes.

Véxase taménEditar