Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Os Miserables


Cita1.pngUnha noite na eira de París...Cita2.png
Curros Enríquez escribindo este libro.

Os Miserables é un culebrón novelesco de Victor Hugo no que proletarios de París guiados por estudantes revolucionarios tentan cambiar o mundo a base de prostitución e barricadas, que se puxeron de moda ata 1968, que deixaron de ser ben vistas.

SinopseEditar

A Jean Valjean bótano a rúa tras estar anos preso, toma prestado algo de prata nun curato e despois consegue abrir unha factoría pero o alcalde monárquico do lugar pepeiro sospeita del. Seguro que é un bonapartista ou un republicán, asi que envía a James Bond a ver ata que descobren que antes era un convicto polo que o ameazan con chamar á prensa do corazón se non fai un sustancioso donativo ao Partido conservador ou se une a eles.

Pero el fuxe e dalle os cartos a Cosette, a cal educa en París na Sorbona para que cambie o mundo, pero ela namórase dun mozo porreiro que vive obsesionado con que todo o mundo sexa espiritista e só escoita a Antón Rebollido polo que acaba indo ás barricadas contra o goberno durante a crise económica de 2008 e protestando no 15M. Marcus acaba sendo ferido por un grupo de policías de paisano agochados na manifa e consegue fuxir coa axuda de Jean Valjean polas tuberías, onde baten con As Tartarugas Mutantes, que tratan de timalos e Jean as mata mediante oracións a Charles Bronson, que as mata co raio da morte.

Jean Valjean consegue fuxir pola alcantarilla pero alí está seu inimigo Javert, que ao ver que Valjean é un santo varón suicídase bañándose no Sena.

PersonaxesEditar

  • Jean: o prota, preso por roubar unha barra de pan durante o goberno de Mariano Rajoy condeado a catro anos preso.
  • Javert: o policía obesionado con el desde que lle viu o tamaño do seu carallo, o quere pra el.
  • Cosette: filla da Justine do Marqués de Sade.
  • Marius: estudante de clase media que namora de Cosette pero tamén pensa na revolución violenta como única forma de mudar o panorama politico, porque daquela todo era Vermello(a cor do sangue) ou Negro(o da represión).