Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Opicinus de Canistris

Opicino de Canistris tendo visións divinas.

Opicinus de Canistris foi un sacerdote italiano da Idade Media que tivo a mala idea de ser cura e vicioso.

Vida e milagresEditar

 
Cousas así debuxaba Opicinus pra non pensar en dominar o mundo.

Opicino naceu en Pavía (Padania) durante a guerra civil dos Guibelinos e dos Golfos. Opicinio con 6 anos xa estaba traballando no taller dos pais, uns petit bourgeoise que apoiaban aos güelfos (os que apoiaban ó Papa contra do Emperador), nembargantes o bando rival invadiu a súa cidade e exiliárons en Xénova, onde coñeceu ao tatarabó de Corto Maltés, que lle fixo o amor e lle falou das distintas razas que había soltas e do reino do Preste Xoán, todas estas cousas impresionaron tanto ao rapaz que se meteu a crego pra poder estudar tranquilamente literatura fantástica.

Alí Opicinio comezou a estudar na pasantía e cando se aburría debuxaba hentai pros seus veciños pobres, un deles levouno ó arsenal e puido ver os mapas Portulanos (gardados a ben recaudo como se ve dos espías), en canto morreu seu pai e irmáns distanciouse da súa familia que era do bando güelfo, xa que él quería ficar no mundo da fantasía e que o deixara de politicadas, voltou a Pavía e foi ordeado crego, onde o enviaron a unha pequena parroquia montañosa.

Como alí o papel pra debuxar era máis caro e tiña que vivir coa paga do bispado púxose a facer simonía co seu cargo, ou sexa a vender amnistías divinas a cambio de cartos, asi que si teu tataravó violada á súa filla logo iva onde este persoaxe e lle mercaba un perdón de Deus, si un veciños movía os marcos e logo o negaba iva onde este crego e lle mercaba o perdón pra non ir ó inferno, e así moitas cousas, ata que un crego veciño rival o descubriu e foillo contar ó bispo.

Como Opicino non era dos amigos deste bispo, éste excomungouno, perdeu o choio e vagou polo mundo pedindo limosna, chegando ata Aviñón (na Occitania) onde se atopaba o Papa e a súa corte. Opicino aproveitou e púxose a lamber o cú do Pontífice e así consegiu roupa nova e a cambio escribiu varios panfletos a favor do príncipe da igrexa (De preeminentia spiritualis suaguili, "Aquí quen manda é o papa e non o emperador", Laudibus Pontifex Pollatrón in me agraderivus versus pollatita Imperator sua, "O Papa mola mazo e tena mais grande que o emperador").

Tamén consiguiu un posto de notario no cárcere vaticano, e ao pouco tempo seus compañeiros descubriron que ñel tamén estaba suxo, foi denunciado e finalmente conseguiu gañar o xuízo tras vender o seu cú a todo o xurado popular que decidiría súa sorte. Debido a iso colleu unha ETS que o tirou no catre e entrou en coma durante 2 semanas, cando voltou en sí perdera a súa memoria e a súa pirola estaba de moi mala cor, escrebeu:

  Non sei que pasou antes pero en marzo de 1334 caín enfermo tras que me tocara unha sombra dunha cobra voante, cando me espertei, grazas ós santos óleos da unción de enfermos que Deus me protexa; descubrín que apenas me podía mover e non tiña ganas de masturbarme!!  
Opicinus de Canistris

Logo escribiu que voltou a andar tras ter unha visión na que aparecía un neno abusando dunha virxe o mesmo día da Virxe da Asunción, e tamén comezou a crer que aínda que perdera a parte da memoria agora tiña superpoderes espirituais (comezou a facer debuxos misteriosos) e que a súa man impedida pola parálise da sífile era débil traballando pero non en traballos "espirituais", evidenteente virara tolo e non había ningún psiquiatra cerca.

Grazas ós seus superpoderes mentais, obtidos tras un derrame cerebral que lle produxo esquizofrenia, debuxou esquemas das realidades espirituais que él cría que eran a base do mundo real. Morreu finalmente en Avignón cando ía entrevistarse co Papa pra que lle ensinase seu mapa dunha ruta alternativa á dos musulmáns e facserse co monopolio do comercio da seda e as especias.

MilagresEditar

  • Levantou un mapa completo de América 190 anos antes de ser descuberta por Pedro Madruga.
  • Profetizou a chegada do Anticristo, Silvio Berlusconi.
  • Debuxou diarios con imaxes en 3D.
  • Inventou a codificación segreda de mensaxes.