Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Obélix


Obélix foi un celta da Bretaña que loitou a man partida contra o Imperio Romano e logrou conter a tolería romana durante toda a súa vida.

Obélix
Información editorial
Primeira aparición Astérix le Gaulois (1959)
Creadores René Goscinny, Albert Uderzo
Biografía ficticia
Orixe Armórica, Galia

TraxectoriaEditar

Obélix naceu na aldea irreductible gala, ou o "pobo dos tolos" como dicían os romanos, xa de pequeno era especial debido a que matrona non lle sacara a tempo as tripas do pescozo e quedara sen oxíseno un ratiño, polo que sempre era moi feble e no colexio se metían con el polo que decidiu meterse na ola da poción máxica e así ser Superman, o cal non logrou pero sí obtivo un subidón durante o resto da súa vida. Entón, para que non se voltara tolo e matara a tódolos seus veciños Panorámix aconselloulle que andivera sempre con algo que facer entre mans, asi que Obélix adicouse ao onanismo e cando casnou del foise facer xoguetes sexuais de pedra, cos que sempre anadaba a costas dun lugar a outro.

Tivo un gran amigo, pero era un galo (animal) e chamáballe Astérix, o cal sempre era perseguido por un ca que trataba de comelo e Obélix sempre llo impedía; así pasou moitos anos sen que Obélix matara a ningún veciño e cando os romanos chegaron por alí adicouse a matalos, os piratas tamén se achegaron por alí e Obélix tamén se adicou amatalos, así todos contentos durante centos de anos. Iso fixo que Obélix protagonizase moitos cantares de xesta e demais literatura heroica:

  • Cantar dos Nibelungos: Obélix faise rico matando ao dragón Fafnir e casando coa princesa dos burgundios axuda ao seu rei a casar coa raíña de Islandia e como esta é moi friqui e igualísima a Björk envíaa dunha patada onda Atila.
  • Cantar de Mío Obélix: Obélix paarce no papel de bo guerreiro dos celtas que debe servir aos eu señor na guerra pero non no sexo, e cando este llopide Obélix pasa del e é desterrado, durante os seguintes anso Obélix vai conquistando castros e entregándollos a seus señor.
  • Mazmorras e Dragóns: Obélix enfada ao Master tras beberlle toda a bodega de sidra e castigado facendo a peregrinación a Santiago de Compostela para ir destruir o anel do dragón de poder.
  • A cor da maxia de Terry Pratchett: Obélix fai de guía dun turista europeo WASP nazi e arrogante.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Obélix.

Outros artigosEditar