Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Rodrigo Díaz de Vivar

(Redirixido desde "O Cid")


Rodrigo Díaz de Vivar
AznarMedieval.jpg
Información
Nacemento Probablemente 1000
Vivar, Burgos
Nacionalidade Castelá
Ocupación Matar xente por encargo dun rei

Cita1.pngQuizais quixo dicir: O Cid cabreadorCita2.png
Google sobre Rodrigo Díaz de Vivar

Rodrigo Díaz de Vivar, coñecido nas crónicas latinas como como El Campeador, Mio Cid ou El Cid (do árabe andalusí Sayyid, señor) era un soldado profesional da Alta nobreza de Castela, moi famoso por saír nas pilículas.

Traxectoria de vida e mortosEditar

Nado nos arrabais de Burgos O Cid foi educado en Esparta onde aprendeu física, química, botánica e decoración de interiores. O seu pai flipou a ver o mariposón que lle voltara o fillo, asi que o enviou a Tui onde tras ser violado por miles de fémias humanas foi educado no arte da guerra e se lle ensinou o Shia-Shitevoumatare, ou o camiño do espadachín, tendo como mestre a Vimara Peres que lle ensinou a súa técnica do pincho moruno (empalar 5 moros de golpe coa lanza) e o kamehamulja (como foder nunha labrega ao mesmo tempo que se degola inimigos que se achegan con intencións homosexuais).

Cando foi devolto a seus pais quedaron moi contentos e cedo o meteron no exército de El rei, alí entrou como escudeiro e foi ascendendo grazas aos seus contactos e ter bos padriños, en poucos anos conseguiu ser cabo furriel e ao cabo dun tempo e tras deseñar as cores dos estandartes e bandeiras obtivo praza na Corte Real. Alí grazas ao seu control das Cantigas de Amigo namorou ao rei e foi nomeado portaestandarte pola da súa maxestá Sancho II ao que axudou a ir contra os desexos de seu pai El Rei e así meteu no cárcere ao rei Don García de Galicia, ao rei de León tivérono que pescar pero finalmente Sancho II foi enviado a durmir cos anxiños cando tentaba violar á súa irmá a princesa Urraca en Zamora.

Así que o reino que tanto tentara "reunificar" Sancho foi captado polo rei de León Afonso VI e o Cid seguiu sendo amigo del (aínda que ás súas costas publicaba en facebook vídeos botándolle a culpa da morte do rei Sancho a él e coa axuda de FAES enviaba tweets malévolos a tódalas contas das Españas (Españistán, Gitaña e Espiña xuntas). Debido ós excesos de violencia do Cid (que se puña a saltar fronteiras sen respetar tratados diplomáticos e que remataba por danar intereses dos aliados do rei Afonso) Rodrigo Díaz de Vivar (Alias "O Cid" na ETA militar) foi destarrado. Pero non marchou él só, con el foron amigos e amantes a fixéronse mercenarios ao mellor posto.

Así foi contratado polo califa ou rei moro de Zaragoza, meténdose nunha guerra civil entre moros e contra o bando dos moros axudados polos cristiáns (pero como non eran cristiáns de castela ah!...) e capturou ao conde de Barcelona (co que despois abriu unha discoteca cultureta, a Razzmatazz).

Tras varios combates, emboscadas, matanzas, celadas e xenocidios O Cid voltou reconciliarse ao rei Afonso VI, despois de facerlle unha felación que lle aprenderan os moros de Pamplona (éstes á súa vez o aprenderan dos franceses), por outra banda foi despedido polo califa debido que chegaran uns novos jihaidistas radicais e non vían con bos ollos a un cristián mandando tropas moras (e eu tampouco...). Asi que voltou co rei, pero voltou a facer das súas e estableceu un protectorado e cobrou impostos que se lle debían ao rei Afonso VI aparte de que non lle foi axudar ao seu señor cando éste se atragantara cunha galleta, asi que voltou quedar desterrado.

No segundo desterro O Cid andivo á súa bola, invadiu Valencia e entrou a saco na cidade violando mulleres, roubando aos civís indefensos, queimando mesquitas, facéndose agasallar con traxes, etc. Debido a que controlaba un punto estratéxico os reis moros chamaron aos almorávides, uns jihaidistas radicais que impuxeron a Sharia nas Taifas (e seus homes tiveron que levar velo tamén) por iso O Cid voltou ser odiado xa que nin os moros aguantaban aos almorávides e él provocara que viñeran. Entrementres o Cid pasa de todo e funda o reino de Valencia (actuais Paisös cataláns). Como Valencia era un punto estratéxico púxose tododiós a combatir ao Cid, incluso Afonso VI. Pero O Cid tiña armas de destrucción masiva agochadas que nin os inspectores da ONU as viran e esfarelou a todos nun tris, así O Cid pasou de ser un simple señor da guerra a ser rei.

Nembargantes súa muller non lle daba fillos (porque cando fodian ela poñíase enriba pensaba Rodrigo) e só tivo fillas, eso sí, casounas moi ben eh? O único fillo que tivo enviouno a loitar, asi de parvo e morreu na súa primeira batalla contra unha Consuegra.

Debido ao empuxe dos jihaidistas Cid tivo que aliarse con Afonso VI e o rei catalán, pero estando en plena guerra contra os almorávides morreu por unha enchenta de collóns de moro. Sua muller puido aguantar o asedio que lle facían os almorávides durante anos, pero debido á presión recibida polos seus ovarios, que a empuxaban a ter sexo con calquera rematou por deixar entrar aos almorávides e tivo que fuxir a Castela co morto enriba pra dar medo e noxo aos moros que a tentaban violar, asi se creou a lenda de que o Cid metía medo incluso despois de morto.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Rodrigo Díaz de Vivar.

Outros artigosEditar