Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Nuno Freire de Andrade, O Mao

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Nuno Freire de Andrade, O Mao
Nuno.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XV D. de C.
Pontedeume, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Aristócrata galego da Idade Media

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Hitler do medievoCita2.png
Google sobre Nuno Freire de Andrade, O Mao

Nuno Freire de Andrade foi un señor feudal da Idade Media que provocou a Revolución Soviética Irmandiña.

BiografíaEditar

Nado en Pontedeume no seo dunha familia nobre, foi educado no arte do amor aos homes e da guerra, pero como seu mestre de esgrima era un chosco chamado Arturo Pérez-Reverte Nuno fuxiu do castelo e foi á Galicia profunda onde atopou ós mellores mestres de caxata, que non só lle ensinaron o arte de espiar aos veciños e sacar proveito deles.

Con toda esta bagaxe intelctual da universidade da vida e moitas ladillas voltou a Pontedeume e desfíxose dos seus irmáns pequenos cun pouco de solimán no colacao das mañás, como as rapazas do seu feudo eran mais estreitas cunha monxa en Semana Santa invadiu un par de aldeas veciñas pra aumentar o seu capital humano e ter mais vasalos e foder de gratís. Aínda así o seu ansia sexual non se calmaba, asi que foi á corte do rei de castela e consegiu que o enviasen de embaixador ao reino do Preste Xoán. Aló mais alá das fronteiras árabes coñeceu as grandes culturas amatorias dos chinús, mongois e krishnamurtís probando de todo un pouco.

Con tanto vicio dun lado para outro case se esquece do motivo da súa embaixada, que era ofrecer o perdón de tódolos pecados a cambio de ir á Península Ibérica e axudar ao reino de Castela a invadir as terras do reino español (con capital e Granda naquil entonces), debido a que a tarxeta Visa Ouro lle caducaba nun día o rapaz colleu foi ao pazo do Preste Xoán e secuestroulle á súa filla primoxénita decindo en voz ben alta: "Ala que me levo esta puta cara Hispania, que se atopa nas coordenadas 42°13′19″N 8°08′39″W!! o repiiito pra que me oiaan beeeenn, 42°13′19″N 8°08′39″W!! e logo fuxiu coa princesa. Mais ao chegar a Occitania tivo que pagar tódalas débedas que contraera con varios xograres e vendeu no mercado de esclavos de Marsella á dita princesa e despois segiu camiño cara seu fogar, mentres os cabaleiros do Preste Xoán chegaron a Granada e comezaron a matar nazaríes pra tentar rescatar á súa princesa e así Nuno matou dosu páxaros dun tiro ao cumplir os seus desexos e a súa misión de enviar varios fanáticos cristiáns a morrer para maior gloria do reino de Castela.

Mais cando chegou ó seu feudo atopouse con que nacera outro irmán (e iso que seu pai morrera facia tempo...) e súa nai pensando que seu fillo Nuno estaba morto polo moito tempo que non lle enviaba ningún Whatsapp declarou heredeiro vinculeiro a un fillo que tivera co seu amante e así a sterras seguirían na familia dela; Nuno comprendeu que o venderan e meteu no calabozo á súa nai e seu irmánastro o enviou ao porto de Covas (Trasancos) onde o vendeu de escravo aos piratas berberiscos que por alí atracaban seus baixeis.

Como estivera en Asia voltou dalí con moito vicio e mais ganas de luxo, polo que tivo que aumentar o sue capital, asi que invadiu mais terras aos seus veciños libres, sacoulles coutos señoriais ao arcebispo de Compostela e preiteou contra mosteiros e arcebispos co fin de conseguir mais cartos pra poder pagarse a iunstalación no seu castelo dun jacuzzi, bañeira de hidromasaxe con hidromel, unha cama redonda con espello no teito, variados plugs anais, consoladores (carallos franceses en terminoloxía medieval) e dildos musicais. Debido ós seus gastos suntuarios e que a Peste Negra e a crise do final da Idade Media tivo que baixar salarios, subir impostos, recortar en obra spúblicas e aumentar a represión de persoas disconformes coa súa dministración, ao memso tempo que facía regalos carísimo aos reis de Portugal e Castela, enviaba soldados á guerra de Granada e mandaba varios embaixadores pra buscar algunha mociña pra aumentar as súas terras e que a poder ser fora dalgunha familia da ALTA nobreza (algunha Pimentel, Moscoso, Soutomaior, Sarmiento...) e pra que visen que era un bo señor feudal que cumpría con Deus fixo algunha que outra doazón ao mosteiro de Monfero (que de paso lle supulla exaccións fiscais e inmunidade relixiosa ante oXuízo Final).

A elexida foi Beatriz de Valdés, filla histérica que xa afamilia pensaba en agochar dentro dun mosteiro de clausura cando chegaron os heraldos de Nuno Andrade e lla meteron dobrada con esta femia ao inventarlle que Nuno a deixara preñada nunha entrevista ao darlle un bico na meixela e o de Andrade picou. Pra non vela mais tempo diante en canto se casou saiu a cazar xabarís e o animal mais perigoso da Galiza, os Biosbardos.

Como na cacería non lle ía ben, dunha vez unha xacia case o arrastra ao fondo dunha poza e afoga, comezou a ter relacións internacionais e no ano 1428, recibiu nos seus estados ao infante Henrique de Aragón, a quen hospedou por todo o alto. Logo acompañou ao rei Xoán II de Castela a terras de Aragón, con moitos ñetas e latin kings seus durante a guerra contra os aragoneses que apoiaban aos Infantes de Aragón á coroa de Castela. Nuno Freire acabada a guerra en 1430 licenciou ás súas tropas e á hora de pagarlles apenas lle chegaba, asi que voltou subir os impostos e aumentou a súa política represiva dos labregos e clases pequenoburguesas.

A Irmandade FusquenllaEditar

Debido a que Nuno lles andivera tocando os collóns aos seus vasalos de Pontedeume, Vilalba e Ferrol éstes formaron en 1431 unha Irmandade de clase e comezaron a protestar, facer folgas, etc mais Nuno en vez de falar con eles e negociar soltoulles aos seus soldados, que aínda non cobraran e fixeron algunhas masacres mais ao final remataron por unirse ao irmandiños baixo o mando de Roi Xordo e xuntos comezaron a derribar castelos pra deixar sen bases de operacións ao Andrade e asaltar os seus cárceres, como o da Bastilla, símbolo da súa opresión. Logo tentaron ir falar co arcebispo de Santiago de Compostela e unirse cos pequenoburgueses dalí e de paso aproveitaba o camiño e asediaban o castelo de Pontedeume onde se atopaba a muller fea do Andrade (que lles enviaran unha mensaxe de auxilio aos irmandiños pra que a salvasen daquel sátiro) e xusto cando estaban a punto de liberara apareceu Nuno e varios exércitos e destruíron á irmandade fusquenlla.

Cando voltou á casa estábao agradando súa dona, que atopara o colacao antigo e deullo ó seu home en moita cantidade a ver si se dormía e a deixaba durmir sen ser violada, así o solimán fixo efectoe Nuno moreu en 1431. Sobre a sepultura colocouse o seguinte epitafio:

No : Nome : satán : Auede : Sexo : Sob : Corpore : De : Nuno : Freire : De : Andrade : Caualeiro : De : Fachas : Un : Do : Harén : Do : Rei : Qese : Finou : Eno : Ano : D : Mil : CCCCXXXI : Anos
(No nome de Nyarlathotep, tede orxías diarias d emonxes e monxas sobre a tumba de de Nuno Freire de Andrade, cabaleiro de verdade que habitou o harén do Rei, e faleceu no ano 1431)

No século XVII a súa tumba foi aberta por Maesen Iker Jiménez e Frei Bruno Cardenhosa debido ás confidencias dunha testemuña da Inquisición española que decía que alí estaba o corpo do demo e lle falaba por telepatía pra que votase ao PP.

Sabías que...?Editar

  • ... inventou a Axencia tributaria?
  • ... inventou o salario pra non ter que pagar e manter escravos que son mais caros?
  • ... colgaba aos que o criticaban polos collóns das fiestras do seu pazo?
  • ... era mais malvado que todos os que saen en Xogo de Tronos?
  • ... pra sentirse sempre mozo bañábase en sangue de labrega virxe?
  • ... súa muller tentou que a salvaran os irmandiños soviéticos porque a violaba nunca?
  • ... era comunista? E Gostaba de compartir os gastos dos seus invitados cos seus vasalos?