Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Nobreza

NapoleonBike.jpg Esta páxina contén referencias a importantes eventos históricos
da evolución da humanidade desde a prehistoria ata os tempos actuais

Nobreza club social exclusivista que durante séculos parasitou a teus antergos MUAHAHAHAH!!!

A Nobreza son varias familias que privatizaron o Estado e monopolizaron os postos de poder (tanto económico como militar e relixioso) se soltalo nunca de non ser por eles pero debido ao comunismo e á burguesía revolucionaria tiveron que soltar prenda e permitir que outras persoas colleran poder e mesmo se casaran con súas fillas; aínda así seguen a ter un peso importante no planeta terra (Emiratos Árabes Unidos, Marrocos, España, Suacilandia, Inglaterra.. seguen sendo monarquías).

Índice

OrixeEditar

 
Ao principio foron os gases os nobres.

A súa orixe provén do paleolítico, cando os mais adaptados da tribo conseguían pasar as probas do chamán e conseguir o liderado do grupo debido á súa intelixencia e logros á hora de conseguir comida e vivenda seguras, durante o Neolítico este grado evolucionou especializándose na guerra pra logo evolucionar nalgúns sitios entre os xermanos) e desaparecer noutros (Imperio Romano).

Historia da nobreza en GaliciaEditar

 
Os nobres tíñan os moi crido.

Desde a prehistoria a nobreza gobernou en Galicia, entre os castrexos houbo príncipes e nobres reunidos en asemblea tanto do poboado como da tribo (nas Oenagas) e mesmo algúns chegarona negociar co Imperio romano.

Trala caída do poder romano e coa entrada dos xermanos (suevos e visigordos) a nobreza voltou coller poder (nalgúns lugares tívo que recuperar as repúblicas de labregos ceives) repartíndose a terra según as riquezas que deran e chuchando dos que traballaban de verdá, durante a Reconquista tiveron que traballar un pouco mais, pero en canto a fronteira con Al-Andalus seguiu mais abaixo do Guadalquivir a nobreza galega foi perdendo poder e influencia co rei (fronte á nobreza de Castela) polo que mudaron a súa preferencia pola cultura (espectáculos de caza e lucidas cortes feudais de damas e trobadores).

A nobreza galega na Idade MediaEditar

 
Esta clase social monopolizaron postos clave, como as capitanías nos exércitos.

Na Idade Media plena (Ss XII-XIII) a nobreza cristaliza como Estado dentro do reino, un reducido número de familias hexemónicas consolida seu poder frente á familia Real á que logra impor súas preferencias grazas ao apoio obtido da riqueza, a privanza e o liñaxe. A nobreza galega domina o escenario político e impón aos soberanos (como a Dona Urraca) a autonomía e case a independencia de Galiza!!! (cousa que fixeron os nobres de Galicia do Sur creando Portugal!).

Co rei galego Afonso VII na coroa castelá a nobreza galega é a que lle dá consellos (separar a igrexa do estado, españolizar Cataluña, botar ós moros fora de Españistán, faga a desamortización de terras da Igrexa antes de que Diego Xelmírez conquistase toda Galicia, etc) seguindo cos seguintes reis ata que os reis fanlle mais caso aos nobres de Castela, Aragón, Cataluña... menos mal que nestes séculos está na lista dos 40 principais a lírica galega medieval (que lle puxeron lírica galego-portuguesa por non facerlle un feo aos lusíadas...) e mesmo tratan de seguir obtendo terras cara o Algarve, Alemtejo e así expandir os condados de Toroño e Limia (que despois Afonso Henriques tratará de conquistar).

Trala independencia de Castela do reino de León os nobres galegos van perdendo poder, xa que a guerra de Reconquista se vai quedando sen terras que roubarlle aos españois moros, logo coa fusión de ámbolos dous reinos cristiáns teñen mas terras pero mais competencia, aínda por riba cada fillo quere ter o seu cacho de terra e hai que pagar aos cabaleiros vasalos con granxas, para impedir que as terras da familia se vaian subdividindo en cada xeración algunhas dóanse á igrexa con usufructo familiar durante tres xeracións ao remate das cales a terra pasará a ser do mosteiro ou cabido catedralicio, isto non presupón unha perda de terras para a nobreza, xa que ésta se atopa tanto no ámbito civil como eclesiástico; statu quo seguiuse mantendo sen problemas ata finais da Idade Media. Porén a nobreza galega surfirá seu primeiro revés serio durante a primeira guerra civil castelá (golpe de Estado de Enrique de Trastámara contra seu curmán Pedro I de Castela) xa que a maioría apoiou a Pedro O cruel e foi castigada perdenedo terras a favor da nobreza chegada de fóra á que o novo rei lles regalou terras de seus adversarios.

No Renacemento, a peste negra fixo disminuir brutalmente á poboación, polo que a nobreza perdeu miles de cartos en rendas polo que pra seguir mantendo o seu nivel de vida aumentaron as cargas sobre a incipiente burguesía e os labregos, producíndose a revolta dos irmandiños, unha vez vencidos o problema seguía polo que se produce unha guerra civil nobiliar (guerra entre o arzobispo Fonseca e nobres enemigos en Galicia, guerra de bandeirías en Cantabria, etc) que terá seu epílogo coa segunda guerra civil castelá (guerra sucesoria entre Isabel de Castela e Xoana I de Castela) que barerrá aos últimos xérmolos independentes da nobreza contra o poder absolutista dos Reis Católicos (asasinato de Pedro Madruga e execución de Pero Pardo de Cela), os que queden irán a loitar na Guerra de Granada, onde a terra obtida apenas deu para gastos.

A nobreza galega na Idade ModernaEditar

Co comezo da conquista do Novo Mundo a nobreza galega puido ter unha segunda oportunidade para obter mais poder, pero debido á nova estrutura de poder centralista baseada nun réxime de monarquía absoluta, o seu poder diluíuse e só puido soñar co obter un bó posto na dministración ou no exército español (xa que a nobreza española tiña por privilexio entrar nel co grao de oficial según a súa xerarquía nobiliaria ou pagar por telo), a nobreza perde ansias ao longo da Idade Moderna e ponse avivir só de rendas, nesta época xorden mais fidalgos que van papando cada vez mais rendas, tanto da alta nobreza como dos mosteiros, este aumento no número de rentistas fai que non se acumule capital e por outra banda, se expanda a ideoloxía aristocrática de que o traballo é indigno do ser humano.

Debido ó afastamento da elite social galega na corte en Madrid, Galicia vai quedando abandoada e convírtese toda ela nunha Galicia profunda, a fidalguía non deixa abrollar á burguesía e xunto á Inquisición española impedirá calqueira conato de progreso tanto a nivel tecnolóxico como ideolóxico, por iso o capitalismo chegou aquí tan tarde e deturpado. Durante os séculos XVI-XVIII, a alta nobreza cobrará rendas e irase vivir a Salamanca ou á corte en Madrid co finde medrar estando á beira do poder, a mediana e pequena burguesía estará á expectativa dalgún cargo administrativo nos virreinatos das Indias ou como gobernador nalgunha provincia do Imperio Español, a pequen aburguesía e fidalguía ficará en Galicia ao non poderse pagar constantes viaxes a Castela e fará inumerables pazos por toda Galicia, enchufando a seus membros nos tercios de flanders ou de abade nalgún mosteiro rico e tamén no cabido das sete catedrais galegas.

Tódolos litixios por límites de terras levábanse na Audiencia de A Coruña, os expedientes de pureza racial (hai que demostrar que non se ten antergos xudeus ou moros na familia) en Santiago de Compostela nas oficinas do Santo Oficio, mentres que os expedientes de nobreza (para nomeamentos e confirmacións xerárquicas) había que ir a Valladolid.

A nobreza galega na Idade ContemporáneaEditar

Todo comezou a cambiar coa Revolución Francesa, a nobreza tentou illar a Francia deixando só pasar a curas e nobres fuxidos, pechouse os portos para impedir a entrada de ideas filosóficas e enviouse uns cantos tercios a purificar os Pirineos, polo demais todo seguiu igual, ata que se impuxo Naboleón Malaparte e comezou a facer a súa propia nobreza co cal aumentou o seu prestixio cultural e fíxose amigo dos reis veciños, o rei español manipulado polos seus cortesáns aliouse a él co fin de encuar ao Imperio Británico e comezou a guerra... ata que a perderon na Batalla de Trafalgar Square.

Paa enxuagarse este amargo trago fixo a Guerra das Laranxas e o orgullo español quedou contento, debido a que Godoy tiña mais mdellas na pecheira o príncipe sucesor (futuro Fernando VII) deu un golpe de estado pero fracasou, así que Napoleón Bonaparte chamou á familia real e botoulle unha bronca por ser tan retrasados, fixo que lle deran a coroa e así Gitaña tivo outro cambio de dinastía, a Napoleónica, con Xosé I Botella ao frente, o que tódolos nobres do Reino de España aplaudiron e voltaron a casa co novo rei. Todo ía ben, pero a malévola Inglaterra enviou un exército para invadir a Peninsula Ibérica e Naboleón tivo que enviar outro tras eles, debido a que os cabos furrieles do exército se gastaban o presuposto en regalarlles consoladores ás súas amantes xitanas españolas como Carmen os gabachos tiveron que roubarlle áo poboación civil para poder comer e así comezou a mal chamada Guerra de Independencia Española (chamada por Napoleón e os ingleses como Guerra peninsular e polos cataláns e teu bisavó como Guerra contra o francés ou francesada) na que os curas talibáns montaron en cólera ao ver que os soldados franceses aproveitaban para roubar o único ouro que había nas aldeas (o das igrexas e capelas en forma de copóns e candelabros) e os civís liberais ao ver que o exército español non facía nada, os fidalgos galegos uníronse acausa xa que vían que os paisanos se armaban e ían contra os gabachos e eles non debían quedar atrás aparte de que ao mellor os paisanos se lles botaban aneriba e de paos conseguían algo de gloria militar sen saír do país e de paos non perdían rendas dos foros.

Trala victoria, a nobrezae os curas trouxeron a Fernando VII (que mentres lle lambera as botas a Naboleón) e deixaron todo como estivera polo que se modernizou a gestapo, pedrón, o Santo oficio, e masacrouse aos liberais, polo que fixeron sociedades segredas e golpes de estado para conseguir o poder antes de ser triturados polo poder, os fidalgos seguirona mandar en Galicia mantendo o seu poder tanto con Fernando como con Isabel, agochándose cando a Revolución de 1846 e convertíndose en caciques coa Restauración borbónica trala Iª República española.

A nobreza galega nos sec XIX e XXEditar

Pero as cousas mudaran moito, o feudalismo e o Antigo Réxime entrara en crise e fora desmontado polos amos do mundo, os ingleses, apareceu o Capitalismo imperialista e España e Portugal convertéronse en países satélites da Unión Europea, ai perdón, de Francia e Inglaterra, Madrid só brindou o textil catalán e os británicos destruiron a incipiente industria textil do liño. Debido a que a alta nobreza galega fóra diluíndo con outras familias españolas (sobre todo da Casa de Alba) só ficou a baixa nobreza, que seguiu co seu poder político a vivir a todo tren como caciques, debido á desamortización perderon sitios onde enchufar aos segundóns, e coa fin da posesión de colonias postos adminsitrativos no exterior e no exército colonial; nesta época foi cando comezou o seu declive debido a que non se reformaron e seguirona vivir como seus avós cando as cousas cambiaran sen remedio, unida á súa posición eográfica, o cu do mundo, xunto coa política, o cu de España, a nobreza galega foise afundindo e a burguesía foránea (cataláns e maragatos) ocupou pouco a pouco o seu posto como clase social que papaba as rendas e foros. Contra mediados do século XX morreron os últimos fidalgos de sangue con poder, Franco fixo a súa propia nobreza financieira e non anovou os títulos nobres, Xoán Carlos I de España mantivo algúns deles e fixo outros (como o marqués de Iria Flavia, Camilo José Cela).

Tipos de nobrezaEditar

 
Os nobres durante a democracia seguiron a ter poder.

Títulos de NobrezaEditar

 
Típico Metabarón da Galicia profunda.
  • Rei
  • Príncipe.
  • Infante.
  • Metabarón.
  • Megaduque.
  • Archiduque.
  • Duque.
  • Conde Duque.
  • Ultramarqués.
  • Capitán Xeral de Galicia.
  • Megabarón.
  • Marqués.
  • Supercabaleiro.
  • Conde.
  • Vizconde.
  • Señor.
  • Barón.
  • Baronet.
  • Supracabaleiro.
  • Fidalgo
  • Infanzón.
  • Rico Home.
  • Tenente, ou alcaide de castelos e fortalezas.
  • Cabaleiro.
  • Don.
  • Milite.

Casas de nobreza galegasEditar

Nobres galegos famososEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Nobreza.

Outros artigosEditar