Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Nicer Clutosi

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Nicer Clutosi
Nicer.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XII D. de C.
Vegadeo Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galaica(que non galega).
Ocupación Reinar na mariña lucense ,norte Eonaviego.

Nicer Clutosi foi o rei dos castrexos albións no século V D. de C. no norte da Terra Eo-Navia(Eonaviego) e parte da mariña lucense oriental.

Vida e fazañas sexuaisEditar

Nicer naceu en familia monárquica e seu pai era Clutoso(Nicer Culotsi significa Nicer fillo de Clutoso en chinés mandarín) no castro de Cariaca e xa desde novo amosou ben as claras que era él quen levaba as calzas, xunto cos seus compañeiros de quinta xuntarom varias armas traídas da raia húmida con Portugal(Galicia do Sur) e así a súa fatría puido dar un golpe de estado ó goberno de coalición militoburgues que ata o de aquela gobernaba ós albións, deixou unha garnición permanente no mellor castella tutiora e voltou habitar os castros da zona ante as vagas de bárbaros,bagaudas e a descomposición do Imperio Romano.

A fortaleza do seu réxime baseouse en ter un exército profesional e haber xuntado a todas as meigas e feiticeiros e por escreito as súas fórmulas e feitizos na primeira edición do libro de O Ciprianillo co cal consegiu obter maior financiación e afundir frotas enemigas que se achegaban ás súas costas a piratear. isto atrouxo á primeira misión evanxelista irlandesa que catolizou rápidamente a costa grazas a levarlle varios mociños imberbes a Nicer que lle facían de TODO.

Co tempo Nicer consegiu casar, e como o Catolicismo aínda se estaba formando e as costumes galaicos pesaban mais puido ter varias esposas, casando con princesas veciñas e así obtendo mais terras pro seu reino, conforme lle nacían os fillos os entregaba ó seu exército onde os educaban nas artes marciais e así cando os suevos organizaron seu reino tiveron que aliarse con eles e despois trala guerra civil visigoda e que éstes chamaran ós moros nesta zona houbo unha importante bolsa de resistencia que nunca foi invadida por eles.