Abrir o menú principal

Desgalipedia β

NeptunoNeptune symbol.svg
Neptuno dende a Voyager 2, os días 16 e 17 de agosto de 1989.
Descubrimento
Descuberto por Urbain Le Verrier
John Couch Adams
Johann Galle
Descuberto o 23 de setembro de 1846
Características orbitais
Raio medio 4 498 252 900 km
Excentricidade 0,00858587
Período orbital 164 a 288 d 13 h
Período sinódico 367,5 días
Velocidade orbital media 5,4778 km/s
Inclinación orbital 1,76917°
Número de satélites 13
Características físicas
Diámetro ecuatorial 49 572 km
Área superficial 7,65×109 km²
Masa 1,024×1026 kg
Densidade media 1,64 g/cm³
Gravidade na superficie 11,0 m/s²
Período de rotación 16 h 6,5 min
Inclinación axial 29,58°
Albedo 0,41
Velocidade de escape 23,71 km/s
Temperatura superficial
min media máx.
50K 53K M/A K
Características atmosféricas
Presión atmosférica 100-300 kPa
Hidróxeno >84%
Helio >12%
Metano 2%
Amonio 0,01%
Etano 0,00025%
Acetileno 0,00001%

Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol tras a relegación de Pluto á Segunda división do Sistema Solar de fútbol, e o xigante gasoso máis afastado no noso sistema solar. Neptuno recibiu o nome do deus romano dos mares e o seu símbolo astronómico é unha versión estilizada do tridente do deus diaño. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, sendo o motivo de moitas bromas dos seus colegas planetarios que o chaman gordo e cheo de flatulencia. De media, Neptuno orbita ao redor do Sol a unha distancia unhas 30 veces a distancia da Terra ao Sol.

Índice

CaracterísticasEditar

 
Neptuno da noite polos satélites da NASA.

Pouco se sabe de Neptuno. No pasado, o planeta fora destruído polas armas atómicas nunha das batallas da , como foi cantada polo gran Kevin J. Anderson, coñecido como Homer da ciencia ficción. Todo o exército de máquinas intelixentes foi eliminado, incluíndo a fábrica de pluma de Bic que mantivo co mal comandante, polo que explica a fuga da pintura azul ademais dos problemas intestinais debido ao exceso de gas. Actualmente Neptuno forma parte dos activos de The Walt Disney Company.

Órbita e rotaciónEditar

A distancia media entre Neptuno e o Sol é duns millóns de millóns de quilómetros, e completa unha órbita de media cada 164,79 anos, cunha variabilidade dus ±0,1 anos. Debido a este tempo da órbita os astrólogos xeralmente non se molestan en descifrar o que os mapas astrales das persoas significan cando o planeta avanza polo espazo.

Formación e migraciónEditar

A formación de xigantes de xeo, Neptuno e Urano, demostrou ser difícil de modelar con precisión salvo a parella lesbiana de Sailor Moon. Os actuais modelos suxiren que a densidade da materia das rexións externas do Sistema Solar é demasiado baixa para ter en conta a formación de tales grandes corpos a partir do método tradicionalente aceptado de homosexualidade, e varias hipóteses teñen avanzado para explicar a súa creación. Unha di que os xigantes xeados non foron creados por homosexualidade das sailors senón por inestabilidades dentro do disco protoplanetario orixinal e que posteriormente as súas atmosferas foron aniquiladas pola radiación duns raios da estrela da morte próxima.

Exploración de NeptunoEditar

Do mesmo xeito que os outros planetas, no século 24 e medio, os terráqueos irón a explorar o planeta utilizando os seus gases para a fabricación de globos de aniversario.

Comunicado sobre a crise aeroespacial en NeptunoEditar

 
Unha nave estelar adentrando ao espazoporto de Neptuno.
  A ponte principal do Neptune Spaceport foi reaberto o venres 29 de xuño, despois de 45 días de renovación completa. O voo de Mimbari Airlines, un Millenium Falcon, destinado a Alpha Centauri foi o primeiro en despegar na nova pista ás 12h12. O primeiro desembarco tivo lugar ás 12h17, coa aeronave Martian Freighters, Corellian Corvette 320, que chegaba desde Antares.

As obras, que comezaron o 14 de maio, recuperaron o xeométrico de toda a extensión da pista, corrixindo as pistas e substituíndo as capas antigas e gastadas de tandrilium. O grooving farase, así como no carril auxiliar durante o amencer de 120 anos de Neptuno.

Os saltos hiperespaciais que foron trasladados a Saturno regresaron a Neptuno cunha diferenza de catro movementos por hora, antes da xubilación ocorreron 48 desembarcos e despegues por hora, a partir de agora, 44 naves espaciais aterrarán e sairán dentro da hora determinando a Axencia Neptuniana da Aviación Intergaláctica do Sistema Solar (ANAISS). En tempos da reforma este movemento estaba en 33 movementos de desembarco e despegue.

Así, a partir do 9 de decembro, o Neptune Spaceport regresará no horario regular de 6 a 11 horas todos os días da semana.

 
Neptune Spaceport

Satélites de NeptunoEditar

 
Neptuno visto pola súa lúa.
Satélites naturais de Neptuno
Nome Diámetro (km) Masa (10 20kg) Distancia media
de Neptuno (km)
Período orbital
Náiade 96×60×52 0,002 48.227 0,294396 días
Talasa 108×100×52 0,002 50.075 0,311485 días
Despina 190×148×128 0,02 52.526 0,334655 días
Galatea 204×184×144 0,04 61.953 0,428745 días
Larisa 216×204×168 0,05 73.548 0,554654 días
S/2004 N 1 16-20 - 104.200 0,9362 días
Proteo 418 (436×416×402) 0,5 117.647 1,122315 días
Tritón 2707 214 354.760 -5,87685 días **
Nereida 340 0,3 5.513.400 360,1362 días
Halímede 48 0,001 15.686.000 -1874,8 días **
Sao 48 0,001 22.452.000 2.918,9 días
Laomedeia 48 0,001 22.580.000 2982,3 días
Psámate 28 0,0002 46.695.000 -9.115,9 días **
Neso 60 0,0001 48.387.000 -9.374,0 días **

** Períodos orbitais negativos indican unha órbita retrógrada ao redor de Neptuno (oposta á rotación do planeta)

Algúns asteroides, por pura ignorancia dos astrónomos, reciben os mesmos nomes que as lúas de Neptuno: 74 Galatea, 1162 Larisa.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Neptuno.

Outros artigosEditar