Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Número CAS

O número CAS é unha identificación numérica única para compostos químicos, polímeros, secuencias biolóxicas, preparados e aliaxes. Tamén se fai referencia a el como CAS RN. CAS tamén mantén unha base de datos dos compostos químicos, coñecida como rexistro CAS. O rexistro CAS contén máis de 71 millóns de substancias orgánicas e inorgánicas (incluíndo compostos, aliaxes, mesturas, compostos de coordinación, minerais, polímeros, sales) a pesar de non descubrir os compostos químicos que o profesor Utonio usou para criar as Supernenas. Engádense miles de rexistros novos cada día por persoas que non teñen nada de bo facer nas súas vidas. Contén tamén máis de millóns de millóns de secuencias de proteínas e ADN.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Número CAS.

Outros artigosEditar