Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Monte Faro

O Monte Faro no seu esplendor.

O Monte Faro é a montaña sagrada de Galicia por excelencia (si! por riba do Monte Pindo!!) adorada por pagáns, católicos e pepeiros. Cada ano suben miles de persoas a tentar que Papá Noel cumpre os desexos da xente, mentres que os crentes da relixión pepeira apenas suben xa.

Historia e lendaEditar

 
A fanosa romería do PP que se facía no Fraguismo.

O Monte Faro comezou a ser habitado arredor do ano 345.897.542 trillóns atrás por cancadrilos e lampreas xigantes coleópteras ata que Panxea comezou a mover o cu e o Monte Faro comezou a emerxer do mar chegando ós 1.187 metros actuais (aínda que a choiva áceda provinte de As Pontes de García Rodríguez e Sogama o están a rebaixar) mentres desaparecían os dinosauros e os extraterrestres despois creaban ó ser humano (ós que nos pensamos que eran deus) pra que fixera algo neste planeta.

O Monte Frao comezou a ser habitado polo humano no Paleolítico, de maneira esporádica, para vixiar desde alí ás mandas de mamuts e cazar cabras tolas, o resto do tempo na Antigüidade só serviu como lugar de adoración ó deus da montaña (para os galaicos era Reve e pros romanos Xúpiter) ,ata que viñeron os suevos e levantaron na cima un templo á Virxe María (xa que as invasións bárbaras acabaran extinguiran a tódalas virxes alí por onde pasaban) como ninguén subía alá arriba a partirse os cornos uns pastores comezaron a decir que alí viñan os Ovnis pra atraer o turismo esotérico e creouse a romería. Finalmente a mesmísima Virxe María baixou a ver que cona pasaba alí e vendo que lle tiñan feito un chiringuito sen permiso usando o seu nome e que non percibía o porcentaxe correspondente decidiu destruir toda a cima no século XVI.

Mais o bispo de Lugo interpretou o feito como un desexo divino de que lle fixeran unha capela mais grande e comezaron a construir unha nova, a cal tivo aínda máis éxito, asi que os labregos das aldeas de abaixo decidiron facer o seu agosto decindo que a filla da Virxe estaba abaixo e subía cada ano a visitar á nai (xa que a filla da Virxe vivía en pecado cun crego e non se levaba moi ben coa nai por mor das instruccións emanadas do Concilio de Trento).

Durante o Fraguismo elixiuse este monte, por verse desde él as catro provincias galegas, como sede do ritual anual de revivifiación da momia de Manuel Fraga, e así revivise grazas ós sacrificios humanos, un ano mais. Foi aquí onde Mariano Rajoy se paseou por vez primeira, diante do sector da boina (seus inimigos dentro do PP), da man de José María Aznar, e anos despois onde Alberto Núñez Feijóo lle regalou a Don Manué un anel de prometida de mais de 69 kilates.

Os de Chantada e Rodeiro din que será neste monte onde se libre a derradeira batalla que levará á Fin do Mundo.

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Monte Faro.