Abrir o menú principal

Desgalipedia β


Location Moldova Europe.png
Capital
 Poboación

 • Total n/d
 • Total n/d
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
 • per cápita n/d
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet n/d
Prefixo telefónico n/d
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO n/d

A Moldavia (Moldova para os íntimos) é unha rexión que causa guerras por anexión entre Rusia e Romanía, é dicir, os rusos loitan a anexo-la á Romanía e os romenos loitan para anexo-la a Rusia. Mentres tanto, a Moldova finxe ser un país independente.

Polo feito de que a Moldavia non facer fronteira con Rusia e si coa Ucraína, crese que haxa algo máis nesa guerra, como interese por petróleo, ouro ou os dereitos sobre Dragostea Din Tei.

HistoriaEditar

Artigo principal: Historia de Romanía.

Cunha historia moi similar á da Romanía, que non imos nos afondar, inicialmente Moldova foi ocupada polos dacios, despois polos romanos, a continuación polos mongois, e despois de séculos de ostracismo conquistada polos romaneses (que son nada menos que romanos).

A Moldova durante a Idade Media era unha illada provincia do Imperio Otomán, que puxo nela o nome de "Bessarábia" só para humillar porque de árabe os Moldavo non tiñan nada (de feito os turcos chaman todo o que non é turco de árabe).

Os otománs resistiron bravamente manter aquelas terras inútiles baixo o seu dominio ata en 1878 vender a Bessarábia para Rusia, que na época quería ser o maior país do mundo e non pesou as consecuencias de mercar aquel puñado de terra inútil.

Durante a Primeira Guerra Mundial todos homes de Bessarábia foron transformados en soldados e enviados para a guerra onde probablemente desertaron e disfrazáronse de xitanos para sempre, xa que Rusia se perdeuse bonito na Primeira Guerra Mundial.

Coa Unión Soviética completamente falida, a Moldova foi vendida para a Romanía en 1918 sen ningún habitante, e foi colonizada por un ou outro romanés.

Os romenos non aguantaron ficar coa Moldavia, e axiña insistiron en devolver á URSS en 1940, porén os soviéticos recorreron da decisión e devolveron a Moldavia para a Romanía, ata que en 1945 a Moldavia accidentalmente cae dominio soviético tornándose a RSS de Moldova. En 1991 a Moldavia tórnase unha pseudo-nación, aínda que todos saiban que non pase dunha provincia da Transnístria.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Moldavia.

Outros artigosEditar