Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Xuventude

(Redirixido desde "Mocedade")
A mocidade ten extraños rituais de paso...

A Xuventude ou Mocidade ou Mocedade, é unha fase de paso de neno a adulto. Soe comezar entre os 13-15 e remata aos 30-40 anos.

Índice

Orixe do termoEditar

 
Si es pai telas que armar non vai ser o demo...

Mocedade provén do celta "moc" que significa "xabarín" ou persoa con moita enerxía pero pouco control e por iso fai barbaridades e pertencer a grupúsculos ou seitas que lles fan ver que a súa vida ten sentido e así non se suicidan... así que xa sabes papá! deixa que teu [email protected] vaia ao Botellón ou suicidarase por marxinado...

Historia da mocidadeEditar

Ao principio de todo, cando o planeta Terra aínda era nova os deuses do Pindo decidiron habitala con algún ser vivo que os entretese, polo que crearon ao ser humano, tras varios experimentos e fases decidiron dotar a este ente de varias fases de vida co fin de que non se voltar a tolos e destruisen o mundo, éstas fases foron coñecidos en Occidente como: Nenez, mocidade, madurez e vellez.

Debido a que o software era inferior incluso a hasecorp tívose que facer diversas actualización ao longo do tempo, así na Prehistoria, o ser humano nacía e en dous días xa era mozo, na Antigüidade a xente acadaba a mocidade aos 10 anos, na Idade Media aos 12... así ata que actualmente a mocedade acádase aos 15 anos pero remata aos 50 (sobre todo no caso dos varóns).

Características da mocidadeEditar

  • Puberdade: O demo esperta neles convertíndose en seres malévoilos, pasando de ser xente afable ou como moito pícara a xente agresiva, vándalos, supersalidos e putas. Algúns tentan parecerse a Bin Laden pero só conseguen semellarse a Cantinflas (que era mellor persoa por certo).
  • Soe ir en grupos de dous ou mais persoas, a vaces en grandes manadas e outras en pequenos tríos para experimentar co seu corpo en calellas estreitas con diversas sustancias (haxix, libro gordo de petete, crack, maria, etc)
  • Soen comportarse a nivel individual de forma repelente e non comunicativa con outros grupos de idade.
  • Decoran seu habitáculo con posters, xoias satánicas, altares paganos e mesmo tentan pintar de negro as parades da habitación.
  • Autodecóranse con tatuaxes, piercings en varias partes do corpo, dilatacións no cu, etc.
  • As mulleres soen comezar a vestir como putóns verbeneiros... a non ser que teñas sorte e che saia unha filla cultureta ou comprometida que se mete nun partido político.
  • Os homes comezan a consumir de forma alarmante enormes cantidade de papel e soen gastar a paga en alcol e conexións porno (antes en mercar revistas porno e agochalas debaixo do colchón).

A mocedade nos medios de comunicaciónEditar

Afortunadamente nos últimos anos a xuventude sae moito na tele, soen protagonizar historias morbosas de alcol, sexo e accidentes de tráfico, así manateñen o mercado do alcol, os tallares automovilísticos, a sensación adulta de que a xuventude cada vez é mais pior...

Grazas ao botellón e os modelos sociais exportados por telecinco e TVE a mocedade é teledirixida cara o botellón, videos porno e querer comprar o que lle mandan Tommy Hillfiger e Zara, así nunca farán a Revolución e os vellos adultos poderán seguir a vivir da súa xubilación.

A mocedade no cinemaEditar

Este sector da poboación é dos que mais consumen, por iso o Cine inventou miles de pelíclas para eles... pero todos van do mesmo, bildungsroman, terror e sexo e alcol... nada mais.

Desgalería de imaxes de xente mozaEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Xuventude.

Outros artigosEditar