Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Moaña

Moaña
Escudo de Moaña
Situación
Situacion Moaña.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra
Comarca Comarca do Morrazo
Poboación hab. (2020)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde Moana Waialiki. ()
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 80 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2020, ou non.

Moaña é unha rúa de Covipor. Atópase gobernada polos kafkianos do Xaxán.

Índice

HistoriaEditar

Moaña foi fundada por un xigante (que deixou mal aparcada súa cadeira en Meira) como porto de embarque pra Atlántida pero debido a que marchou deixando atrás aos técnicos debeu morrer afogado e cosido a arponazos polos de Cangas ó confundilo cunha balea. Grazas ós técnicos abandoados fundáronse varios estaleiros na zona e puídose navegar ata Irlanda e Exipto extendendoa civilización pola contorna, ata que deixaron de rezarlle ao deus Berobreo, co cal todo foi ao carallo.

Actualmente tentan facerlle competencia a Nigrán e Baiona.

XeografíaEditar

Moaña atópase no fiordo Cagüenodín na costa de Galicia (Polonia), limita con Cangas, Vilaboa,Ucraína,Marín,Hungría, Bueu e os Estados Unidos Profundos. Moaña ten costa e montaña, isto atrae moitos turistas así como fariña de Colombia. A montaña mais alta é Domaio (onde soen baixar os extraterrestres a facer orxías coas humanas enriba do caseto dos megaliteiros).

HidrografíaEditar

Moaña atópase na península do Morrazo, polo que dentro duns milenios atoparase baixo o mar debido ó movemento de placas tectónicas, grazas á súa fisionomía herciniana do Granítico dispón de varias praias:

  • Praia da Xunqueira: aparece só coa marea baixa e así queda á vista restos de naufraxios e mesmo a torreta dun U boot, coa marea alta desaparece polo que é unha óptima praia pra desfacerse de cadáveres(dispón de aparcadoiro e unha alameda pra que ninguén te vexa así botar o friame e que a marea so leve).
  • Praia O Con: onde vai parar o aceite do porto, téñense atopado aquí algas mutantes e algún cadáver de prostiputa usado e tirado.
  • Praia do Canabal ou dos Alemáns nazis: onde os submarinos nazis descargaban a seus mariñeiros pra que fosen extender a semente aria polas conas do lugar.
  • Domaio beach: ao lado do porto pra así practicar snowboard agarrado ás redes ds pesqueiros.
  • Meira beach: formada polos sedimentos do río Meira, cando se excavou un par de catas atopouse o cadaleito de Breogán.
  • Praia do Niño do Corvo: aquí podes atopar suicidas que se tiraron polo cantil.
  • Borna beach: onde se fan orxías aproveitando o nudismo, añinda que como os heteros son uns sosos ao final son orxías gays.
  • Videira beach: onde se combate contra o expansionismo cangués.

Flora e faunaEditar

A flora foi toda fumada e a fauna toda cocida, polo que non fica ren e por iso emigran cara Vigo. Membros dos Kafkianos do Xaxán tentan traer a estas terras algunha árbore inútil da Australia para que lle faga a competencia ao eucalipto.

ParroquiasEditar

Véxase taménEditar