Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Mingos de Caraba

Galego.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Mingos de Caraba
Mingosdecaraba.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XIX D. de C.
Paradela, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Investigados parapsicolóxico.

"Mingos de Caraba" foi un investigador do oculto de Barán, Paradela(Lugo).

PsicohistoriaEditar

Mingos foi famoso porque desencantaba mouras e desfacía male de ollo, un día soubo que no castro de Barán se lle apareceraa un neno pastor unha moura que lle prometera riquezas se ía por alí ao día seguinte cunha cunca de leite e se deixase abrazar por unha grande cobra que lle daría un bico, como os pais dao rapaz lle dixeran que non voltase por alí porque senón ficaría encantado xunto á moura Mingos obtivo un par de voluntarios e foi con eles alá ao castro de noite.

Fixo un círculo cunha moeda de prata no chan e meteuse dentro xunto a seus axudantes, e o co colo cheo de escapularios, medallas e cruces e O Ciprianillo na man comezou as letanías pra desencantar, xurdinde alí ao pouco do interior dun penedo un xigante cunha forquita ao roxo vivo na man, ningún dos humanos se moveu e Mingos seguía a recitar os conxuros, si que despois do xigante xurdiu unha dona que estendeu unha saba no chan e comezou a traer sacos con moedas d eouro que a moura ía botando sobre a saba.

Mais tras botar tres sacos saiu un touro mentres o encanto seguía botando mais moedas de ouro, e o boi púxose a dar voltas arredor do círculo no que eles estaban e de repente comezou a darlles cornadas pero non daban pasado do círculo, e Mingos seguía a ler ciprianillo mais seus acompañantes colleron medo os moi calzonazos e fuxiron, Mingos ficou alá e durante un ano non regresou á aldea. Morreu dous anos despois todo enfraquecido sen saber onde estivera.

Lugares ond epuido estar durante un anoEditar

  • No alén.
  • No submundo, preso dun encanto por mor de que seus compañeiros fuxiron do círculo máxico e o deixaron só.
  • Na miña casa.