Abrir o menú principal

Desgalipedia β

      Ups! Quizais vostede non estarás buscando por 1000?


Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Mil spáine
Mil breogan.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XIX A. de C.
Lugo Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento en algún lugar de Irlanda Irlanda
Nacionalidade galega
Ocupación gobernar Irlanda.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Guillerme o ConquistadorCita2.png
Google sobre Mil

Mil Spáine, neto de Breogán, sobriño de Ith; pra vingara seu tío foi a Irlanda e conquistouna nun só día mentres bebía Estrela Galicia.

Vida, biografías non autorizadas e conquistas amourosasEditar

Mil nasceu en Viana do Bolo, (Ourense), fillo da élite castrexa deseguida comezou o seu adestramento guerreiro na Orde Reintegrata, onde ao acadar o cargo de padawan reintegrata emigrou a climas máis cálidos debido á pobreza na que vivían na súa terra, indo para a Exipto, onde se alistou coma mercenario contra o Imperio Persa, alí coñesceu ao galo Christian Jacq e xuntos acometeron moitas trasnadas contra das exipcias e mataron centos de inimigos de Exipto, comezando co propio Faraón, debido a unha pelexa co seu amigo (aínda que os de Intereconomía digan que eran amantes) subiu cara Israel, onde foi mercenario con Xosué, para establecer as fronteiras do seu reinado de forma efectiva Miles fixo miliotarizar a tódalas cabras tolas do Néguev e así repeleu centos de ataques do Imperio Persa.

Pero chegou o día en que apareceron os profetas, que comezaron a profetizar a caída de Xerusalén, polo que Mil viuse na obriga de executalos a todos pra que deixaran de baixarlle a moral ás tropas xudeas, isto fixo que a soldadesca se rebotase contra del e Mil foi despedido sen dereito a paro e sen cobrar os 40 días de indemnización (xa que naquel momento o PP fixera unha nova e progresista liberal reforma laboral), Mil estalou en furia asasina e matou a todo o exército xudeu, desta forma os Persas puideron escravizar aos servidores de Deus (que por certo non moveu un dedo por eles).

Mil regresou á Península Ibérica, ao ver que estalara a revolución espanhola marchou para Galiza e invadiu Asturias(toamda polos "rojos")e despois foise de chigres cun mayador de Castropol; nestas estaba cando coñeceu a Tyrion Lannister, que alistou pra matar certos dragóns que lle estaban a chamuscar os collóns, foi lá e gañou varias copas consecutivas da Liga de Xeo e Lume, modalidade de xogo de tronos. Cando voltou resultaba que seu tío descubrira Irlanda (en realidade roubaralle o segredo a un Oestrymnio) e ó ir lá fora asasinado a treizón por un tal Arthur Guinness: Mil estalou en furia cal Orlando Furioso e foi a Irlanda onde lles pateou o a todos, conquistou a illa e puxo de alcalde a un tal James Joyce, establecendo uhna colonia do IV Reich Galaico lá.

Sabías que...Editar

  • ... Mil Espáine era neto de Breogán?
  • ... case mata a Breogán (porque según él etra un costume dos metabaróns)?
  • ... fundou centos de castros en Asturias e León?
  • ... case se leva por diante a Herodoto cando este estaba facendo a súa Historia?
  • ... construiu el só os templos de Abu Simbel e Penafurada?
  • ... pode ser que sexas ti seu tataratataratatratatratatratatrattaratataratatratatratataratatratatratatratatratataratataratatraneto?
  • ... fodeu mais que o negro de Boney M cando viña a Toro ao Luar?
  • ... semella que Manuel Fraga lle escribeu unha biografía non autorizada e morreu afogado pelo espírito de Mil?
  • ... Francisco Franco se atopa no inferno sendo torturado por Mil?
  • ... Hitler lle copiou o seu Guerra-relampo?
  • ... sabía facer raíces cadradas mentres estaba en plena batalla?
  • ... era devoto do deus Reve?
  • ... puxo a súa silla no Monte Meira en Moaña?
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Mil.