Matanza do porco
A Matanza do porco é un procedemento ritual de sacrificar un porco en honor aos deuses lares (os deuses da casa).
HistoriaEditar
Este ritual propiciatorio da cópula coa muller foi inventado entre Arabia Saudita e Israel aló polo 345 antes da nosa Era, en pleno Neolítico como satisfacción dos deuses pra que seguisen tendo marraus a porcas e a muller (en realidade mulleres xa que tamén inventaron o de casar con varias mulleres un só home, que tortura!) lle prestase servizos sexuais ao seu marido e non tiveses xaqueca.
Este ritual ario pasou logo aos celtas, que o xuntaron coa tradición do Entroido, na cal se sacrifica ao novo rei e se soterra pra ter boas colleitas de haxix baixo do castro; os castrexos á súa vez introducirono costume de subilo a un carro e darlle un paseo trunfal por todas as leiras e logo a matanza propiamente dita.
Fases da matanzaEditar
Ritos de entradaEditar
Aqueles pasos que introducen aos crentes na celebración da santa matanza, incúese un canto de entrada (case sempre un canto de abellón), o saúdo inicial ao porco "Amigo, eu sempre te quixen, maisos tempos son chegados dos bardos da matanza que as vosas carnes cumprido fin terán; pois, onde quer, xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa xentes diste lugar".
Acto penintencialEditar
Pídese perdón ao porco e fíaselle entrega de varios galardóns e dun premio, un prato de fariña de millo con landras de aciñeira, éste é o sacrificio propiciatorio do viaxe ao Outro Mundo do señor porco.
Aproveitando que o porco inclina a testa, o sacerdote do culto aldeán achégase ao porco e descarga sobre o cerebro tal golpe que cae inconsciente, nese momento o pontífice inclínas e practica un corte na carótida ao tempo que presiona o corpo do animal pra drenar todo o sangue posible; este sangue debe caer sobre unha lámina de pedra que logo estará até a próxima matanza no altar dos deuses lares.
GloriaEditar
O corpo do animal é levado a outra zona, onde se practica o ritual da Gloria, que vai por partes:
- Socarrado: debe purificarse ao animal de todo pecado mediante o ritual da queima dos seus folículos pilosos mediante solpete ou monllos de palla ardendo, co que se azota a pel e se lle elimina a pelaxe e as pezuñas.
- Lustratio: o cadáver é limpado trala purificación do lume, debe frotarse costados,interior das orellas e unllas eleminando restos de carbonilla.
- Gloria in excelsis: o señor porco é levantado e posto en posición vertical suxeitado a unha trabe (de ouro como nos castros). Segundo o himno é cantado ábrese o corpo e extráense as vísceras por orde: primeiro os intenstinos, logo o fígado (que é moi investigado pra ver si da bo augurio ou non e a dona esa noite vai abrir o matoxo de boas a primeiras), estómago, riles, vexiga; logo extrénse cerebro e ollos.
Frates arvalesEditar
A cofradía femenina encárgase neste intre de lava-las tripas do animal e descuartizar varias partes pra logo mezclalas con especias (sobre todo con especia Melange) e facer embutidos que logo serán afumados aproveitando a cercanía dalgún fumeiro de opio.
Fases posterioresEditar
Hai que levar unha mostra ao veterinario pra que éste mire se o porco levou boa vida, ou ten sífile, gonorrea, epatite... se o porco está sano séguese traballando con el e o veterinario pode comer a mostra.
Dous días despois remátase descuartizando o que fica do porco, distribuindo partes do señor porco a varios especialistas druidas, que lle botan sal a xamóns e paletillas, os que adubian o lombo, etc un trozo é levado ao pontífices máximus e cociñao e logo reparte entre todos acompado de viño novo en honor do rei caido en sacrificio e soterrado pra que de boa colleita e a señora da casa sexa propicia a foder mais a menudo co home. Nese mesmo día sácaselle a graxa e fúndese pra logo recollela en caveiras de veciños mortos antes pra facer chicharróns ou embutilos coa carne nun chourizo ou nunha androlla. Logo faise o mondongo e comezase a confeccionar chourizos e chourizas como ritual propiciatorio da riqueza do amo da casa.
AfumadoEditar
En canto xa estean feitas morcillas e untos xa se pode comezar a fumar, asi que invítase a moita xente do bar a ir alí e se pollan a fumar debaixo dos chourizos, se hai jipis e porreiros mellor que así danlle un toque especial ás chouris.
Productos da matanzaEditar
- Botillo: gran chourizo, posto baixo protección de Bandua (por iso de que leva cordeis).
- Butifarra.
- Chourizos.
- Xamóns.
- Lombos.
- Morcilla..
- Salchichón.