Masonaría
A masonaría ou francmasonaría é unha asociación legal que quere levar ó ser humano ó máximo esplendor e á felicidade, por iso son perseguidos por comunistas, feixistas, Igrexa católica, budistas, orientais, islamistas, reaccionarios, falanxistas, teus pais, cregos, oficinistas, funcionarios, 15 M, nacionalistas, etc, etc, etc.
HistoriaEditar
A masonaría naceu da Ilustración e como daquela o que era novo o desprezaban tiveron que inventar que era algo que sempre existira, pero en segredo, desde as pirámides ata o Guggenheim de Bilbao. Debido a que querían a liberdade e a felicidade do home foron perseguidos sempre e por iso tiveron que agocharse e ser discretos se non querían rematar mortos nunha cuneta.
Debido a ese carácter segredo moitas persoas metéronse nela pra conspirar contra os gobernos, xa que ese mesmos gobernos eran autócratas e non permitían que se lles discutira nada e por iso se viron na obriga de andar con segredos a oposición e maquinar desde as loxas.
Actualmente vive con diferentes faccións enfrontadas entre sí debidos ós seguintes temas:
- Entrada ou non de mulleres na loxa.
- Admitir ou non ateos na loxa.
- Metafísica.
- Discutir ou non de política.
- A idoneidade dos distintos ritos (Rito Whiskeyro, Rito faraónico, etc)
A masonaría en GaliciaEditar
A masonaría entrou en Galicia a través dos seus portos, a maioría do porto de A Coruña a través de barcos ingleses, e coa entrada deles veu a Ilustración pra o pobo e despois o liberalismo, sendo unha das primeiras loxas a que se reunía no café de la Esperanza na rúa Real dA Coruña, conectada coa de Cádiz e a través da cal actuaba con sincronía respecto dos decretos das Cortes de Cádiz.
Mais sendo expulsado Napoleón Bonaparte voltou Fernando VII e impuxo unha dictadura e comezou a perseguir ós liberais coa policía e a Inquisición refuxiándose nas loxas segredas pra poder levar a cabo a súa misión de liberar España do oscurantismo. mais os liberais as abandoaraon polos cuarteis, a masonaría segiu adiante sendo perseguida incluso cando non existía, tendo mais relevancia durante a Iª República española e durante as primeiras fases da Restauración borbónica, perdendo afiliados en 1898 debido á propaganda católiconacionalista botándolle-la culpa da perda da Guerra de Cuba (coa excusa de que algúns libertadores sudamericanos eran ou foran masóns).
A principios do século XX apenas estaban vivas en Galicia, mais coa Segunda República Española algunhas voltaron á vida grazas ás novas liberdades, mais a Guerra Civil española e a dictadura de Franco fixo que fuxiran moitas, formándose algunhas no extrsanseiro como a loxa Antolín Faraldo en Bos Aires. Trala segunda restauración borbónica voltáronse crear as loxas, adscritas unhas á masonaría progresista e outras á conservadora, sendo as mais numerosas en Galicia as progresistas de A Coruña (loxas de Ara Solis, Curros Enríquez, Loxa Renacieminto 15) e Vigo (loxa Obradoiro), actualmente existen 6 loxas masónicas en toda Galicia e o número de masóns varía según quen fale dela, se un gran mestre regular ou un aprendiz da irregular.
Masóns Galegos coñecidosEditar
- Manuel Curros Enríquez.
- Fontenla leal.
- Casares Quiroga.
- García Barbón.
- Díaz Valiño.
- Luís Seoane.
- Manuel Lugrís Freire.
- Carlos Pereira.
- Ramón Franco.
Grandes proxectos da MasoneríaEditar
- Crear o nacionalismo galego.
- Impulsar a conquista do espacio exterior antes de que os reptiliáns nos escravizen de todo.
- Facer que todo o mundo sexa razonable.
- Eliminar a incultura e a superstición relixiosa, que só serven pra crer guerras civís.
Desgalería de imaxes da MasonaríaEditar
A Biblia da Masonaría