Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Marta Doviro

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Marta Doviro
Información
Nacemento 7 de febreiro de 1984
Santiago de Compostela, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación actriz, telexornalista.

Marta Doviro é unha presentadora da TVG e actriz.

Índice

TraxectoriaEditar

Marta naceu en Compostela, aínda que logo foi secuestrada pola Federación de Avoas, enviada a Muxía e Corcubión, alí aprende a diferenciar entre O aberto e O pechado, así como que clase de grelos eran comestibles e cales eran psicotropicais.

Por iso tralo bacharelato de ciencias foi estudar farmacopea á USC onde se uniu á Revolución de 1846 da man de Adrián Brandán, Marta rematou os seus estudos e meteuse a modelo de pés, colleitando éxito no Corte Inglés local, o que fixo moita ilusión e asi que apresentouse a mais concursos onde despregaba a súa beleza sobrenatural, para poder ir ver mundo foi a Ourense á escola de arte turistil Failde, onde Czar lle deu o título de Design de produkten, licenciándose co proxecto final sobre Kompunch producciois. De acá partiu para Arteixo a traballar con caramelos pero non á porta dos colexios, alí internouse sen decatarse na VTelevisión, un medio de comunicación da invasión dos lagartos V e de aí xa pasou direta á TVG.

Programas delaEditar

  • Dominar o mundo con sorrisos.
  • A mochila do viaxeiro.
  • De quen ves sendo?
  • O máis galego, copia dun programa de Air Galicia.
  • Somos ben curiosos.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Marta Doviro.

Outros artigosEditar