Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Maria da Fonte

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


María da Fonte
Mariadfonte.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XIX A. de C.
Bandeira de Portugal.png Portugal
Falecemento 6 de Xullo de 1856
Nacionalidade Minhota portuguesa
Ocupación revolucionaria.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: María PitaCita2.png
Google sobre Maria da Fonte

María da Fonte foi unha heroina portuguesa que coa axuda dos seus compatriotas portugueses e galegos fundou a república democrática e socialista da Galicia do Sur no século XIX.

Vida e milagresEditar

Nacida nunha aldea perdida de Fontarcada, Póvoa de Lanhoso (Galicia do Sur) filal duns pobres xornaleiros que nin terras tiñan, até que a Desamortización dos terreos baleiros da Igrexa católica fixo que lles deran traballo en foro á súa familia, María Angelina puido ir á escola de ferrado e adeprendeu a ler e escribir, aos poucos xa coñecía as teorías de Proudhon e Fourier.

Con esta bagaxe intelectual comezou a comerlles a cabeza aos homes mais varudos do lugar, chegando ser a führer deles, e cun pequeno comando tomou o poder na súa aldea e comezou a organizar un soviet e tomar medidas revolucionarias:

  • Escolarización obrigatoria e gratuita pra todos.
  • Todo o mundo debe aprender a foder en varias posicións,outrosí as mulleres veranse fora da obriga de foder só coa postura do misioneiro e das catro patas.
  • Todas as mulleres deben ir a clases de instrucción militar, xa que so homes son tan calzonazos que farán misións de enlace, aprovisionamento e transporte.

Estas medidas fixeron do seu goberno unha moi popular revolución entre os labregos e aos poucos as aldeas veciñas comezarónselle a unir, formando a URSM (Uniâo de Repúblicas Socialistas Minhotas), organizando xuntas locais revolucionarias ou soviets en cada parroquia e todas organizadas en torno a unha Xunta central seguindo o mesmo esquema que fixera derrotar ás tropas de Napoleón durante a francesada).

A revolución labrega foise extendendo por todo o Norte de Portugal, chegando até Porto, ao ver isto Lisboa entrou en carraxe e comezou a enviar exércitos lá; pero en canto chegaban alí os soldados en vez de poñerse a matar labregos revolucionarios, uníanse a eles (grazas tamén aos discursos do camarada Brais Pinto que lles enviaba dense Montouto) e todo rematou nunha guerra civil, ao enviar o goberno de Lisboa a exércitos de mercenarios e soldados desclasados, pero nin con esas daban vencido ao movemento de independencia do Norte, asi que tras 7 meses de loita e vendo que non conseguían anda os reaccionarios de Lisboa chamaron no seu auxilio a Francia e Inglaterra, que enviaron un par de exercitos armados con sables láser, en en 2 meses aniquilaron á patuleia.

Maria da Fonte emigrou, e foise exiliar ao Couto Mixto, alí coa protección dos seus camaradas galegos escribiu todo o seu corpus doctrinal e morreu levada por Reve o 6 de Xullo de 1856.

MilagresEditar

  • Curou de alienación a 1.000.000 de labregos do Minho.
  • Fixo medrar o número de turistas cando naqueles anos aínda os románticos ingleses non inventaran o turismo europeu.
  • Atopou a cura contra a malaria, tise, Sida, cólera un día paseando por Guimaraes á sombra do conquistador Vimara.
  • Foi ao ceo e voltou pra contalo en 1846, decindo que aló non había porpiedade privada e que os ricos os eran porque eran ladróns, e o goberno unha dictadura de clase.
  • En 1846 inventou a bilocación ao estar na Patuleia en Braga, e na revolución galega de 1846 (ou levantamento de Solís) en Lugo.