Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Manuel Valls


Manuel Valls
Valls1.jpg
Información
Nacemento 13 de outubro de 1962
Barcelona Banderaespaña.png España
Falecemento Anteonte.
París, Francia Francia d.JPG Francia
Nacionalidade gabacho
Ocupación Ditador de Francia
Cónxuxe Túa nai.

Manuel Carlos Adolfo Valls Gafe Falconetti foi un primeiro ministro de Francia.

Índice

TraxectoriaEditar

 
Manuel nas Cruzadas.

Manoel Vales naceu en Barcelona nas vacacións de seus pais, que eran de [[Direita política|dereitas] e represaliados por Franco. Manuel durante a súa adolescencia fíxose rebelde uei! e afiliouse ao Partido Socialisté entrando apadriñado por un exministro de interior sociofacho. Dentro do partido estivo na ala dereitosa do socialismo francés, que é como dicir que eres un señorito pero de espírito evanxélico.

Logo foi estudar Historia á universidade, aprendendo que a historia non a fan os indidviduos a lombo de cabalos espada en man, senón as masas e procesos socioeconómicos, pero a el tanto lle tiña, gustáballe mais o do fulano a cabalo espada en man mudando a historia. Despois de sacarse o doutorado en Historia foise a facela, casou coa súa moza de sempre e tiveron fillos grazas aos cales resultou elexido deputado, nos aburridos anos noventa gabeou polo partido arriba, obtendo postos en oficinas internas do Partido, ao que tentou que éste se sacse o socialismo de enriba e se convirtira nun partido pseudoproletario porque xa o era.

 
Valls tentando que te integres sendo moro.

A principios do século XXI converteuse en alcalde onde a maioría da poboación era inmigrante moura nas aforas de París. Desde o seu posto recuperou o vello soño do Imperio Francés, convertir en gabachos a todo o mundo incluso aos indios caníbales. Os seus plans de afracesamento bateron contra a poboación traballadora extranseira que só querían ser negros e comezaron a queimar coches para ter mais traballo logo non se soubo mais porque TVE non informa.

Nestes anos salvaxes Valls pónse do lado dereitoso do Partido Socialista e axuda á muller de François Hollande contra Martine Aubry nas elecccións internas do partido cando Segolénne loitaba contra Nicolás Sarkozy, tras perderen as eleccións xerias e ante a vista da crise económica de 2008-2015 sube a deputado, e logo preséntase a candidato do partido socialista, pero gañoulle Hollande, que tras ser presidente o meteu no seu gabinte,

 
Valls seducindo á socialdemocracia con moitos discursos ñoños.

En 2012 foi ministro de Interior no Ministerio do Amor, alí puxo man dura que é o que lle mola á peñita, comezou a meter en vereda aos criminais como os da ETA e logo a vixiar de cerca á man de obra extranseira que tiña outra forma de ver a evolución histórica, en vez de grandes persoaxes ou procesos socioeconómicos estes vían a historia como a vontade de Alá pero non de aquí.

Logo tralo atentado a unha revista de sátira brutal obtivo mais simpatía e obtivo o posto de Presidente de Francia ou Primeiro Ministro da República Croissant. Valls comezou a copiar algunhas ideas da Frente Nazional por iso de non quedarse sen votos e meterse na guerra contra o terrorismo enviando misís tipo Baguette contra os territorios de Siria e Iraq tomados polo ISIS (Imbéciles Sucios ao cadrado).

Desgalería de imaxes de Manuel VallsEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Manuel Valls.

Outros artigosEditar

Primeiro Ministro de Francia  

Segue a:
François Hollande.
Manuel Valls
Precede a:
Eu
Partido Socialista.