Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Mamede Casanova

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Mamede Casanova.
Mamede.jpg
Información
Nacemento Probablemente 1882.
As Grañas do Sor, Mañón, Mañón,Ortigueira, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Bandoleiro.


Mamede Casanova de neno, xa con malas compañas no furancho.


Cita1.pngQuizais quixo dicir: Toribio das GrañasCita2.png
Google sobre Mamede Casanova

Mamede casanova, alias Toribio, foi un bandido famoso a principios do século XX en Galicia.

AutobiografíaEditar

Mamede naceu en As Grañas do Sor, Mañón,Ortigueira(A Coruña)en 1882, fillo de nai solteira foi criado pola nai e súa avoa que o malcriaron e fixeron del un vicioso que andaba de furancho en taberna e como non tiña cartos pra mercar alcol comezou a roubar, xa que o de traballar non ía con el de tanto que o viciaron na casa que estaban fartos d etraballar como pra atender ó meniño.

Comezou mangando reloxos e tras varias pelexas nos bares foi parar ó correcional de Santa Marta onde coñeceu ao mais florido da comarca(Querente Mariño, o Generoso, Aneiros, Louzao, Santalla...) de onde saíu licenciado en crime.Súa nai tentouno reformar polas boas pedíndollle ao ferreiro da zona que le ensinase o oficio, pero pouco durou xa que lel robou unhas arracadas e como non tiñan probas contra del o despediron. Como voltaba estar sen branca e coa fama merecida non tiña nin un can asi que pra ir ó baile a Cuadrilla de Baixo rouboulle o traxe de habaneiro a un indiano que morrera, foi descuberto e levado pro cárcere de novo.

Cando voltou foi contratado pola taberneira María Vispo pra darlle un escramento ó crego de As Grañas porque lle quería levar de diante da súa tabernaa feira que facían alí e que o dono da terra pedira ó cura que presionara no gobernador provincial pra que o alcalde movera a feira proutro sitio. A taberneira isto ía fastidiarlle por sacarle a feira do lugar de A Aguieira e ficar seu negocio sen clientela nas feiras asi que xuntou a varios homes pra darlle un susto ó sacerdote, mais o asalto á rectoral tivo unha vítima mortal e interviu a garda civil que tras varios días consegiu captuar a todos os veciños da trama mafiosa da taberneira, que remataron por botarlle o morto a Mamede Casanova e éste como non era un chivato foi pra falcona outra vez.

Sabendo que lle ían dar garrote vil e envialo ao alén consegiu fuxir e andivo agochado pola comarca natal durante meses mentres se facía famoso polos xornais e porque Mamede(mais coñecido como O Toribio) andivo por moitos concellos andando e morea de gardas atrás del tentandóo cazar mentres nos despachos andavan de cabeza por culpa dos ministros que se querían sacar o problema coma fose. Houbo xente que o axudou(ben por simpatía, compaixón ou coacionado) e así durou mais tempo roubando curas e caciques as armas e cartos mentres cursaban ordes contra dos que lle axudaban.

Consegiu fuxir á provincia de Lugo, andando pola Serra da Faladoira, o gobernador tiov a idea de colocar varios reténs custeados polos concellos da bisbarra e éste tiveron que cobrarlle ós aldeáns e como os cartos eran moitos pensaban así poñer a mal á xente contra do bandido mentres ofrecían 300 pesos pola súa cachola. Namentres súa vida comezou a correr nas coplas de cego por Cerdido e Moeche, tamén en pregos de cordel como o de Chumín de Céltigos.

Foi capturado á fin grazas á traizón do cura de Freixo(As Pontes de García Rodríguez) en 1904 mentres lle pedía unha esmola pra emigrar a América, que o feriu e chamou á benemérita. Foi levado de Ortigueira á cadea de Ferrol e polo camiño a xente foille botando cartos na tartana na que ía sendo transportado sendo preso na enfermería debido ás feridas causadas durante o seu apresamento, que foi moi soado en toda Galicia pola fama que collera a través do boca-oído e de revistas (Eco gallego) e xornais. Foi xulgado polo civile polo militar botándolle 20 anos enriba.


 
Mamede Casanova ferido tras ser capturado a traizón por un cura.

Como seu caso saía todos os días no xornal La Voz de Galicia e súas aventuras lles fixo aumentar as vendas o mesmo xornalista fundador do xornal e deputado pediulle ao rei Afonso XIII que non o executasen, que era a pena á que o condearan, estivo no cárcere 23 anos pasando por varios presidios(Santiago de Compostela,Santoña, Valencia, Ceuta, Figueres...) . En 1928 saíu da prisión, voltou ó terruño onde andivo pedindo polas portas e despois perdéuselle a pista, según algúns foi traballar nas obras do tren durante a IIª República Española e logo andivo pedindo esmolas polas portas nun último intento de xuntar cartos e emigrar pras Américas, morrendo nalgún lugar descoñecido en 1946.

Grandes aventurasEditar

  • Como non tiña cartos pra ir todo rumboso a beillar ás festas aproveitou que morrera un pijo facía pouco e foille roubar o traxe, desenterrando ao morto e indo de festa coas galas do difunto. Según Valle-Inclán foi co traxe a dar o pésame á familia e así foi denunciado e iso fíxolle moita graza , pero a Emilia Pardo Bazán non porque vía niso a miseria económica de seus compatriotas. este feito foi deformado por outros xornalistas, como Prudencio Iglesias hermida, que mesmo dixeron que desenterrara a unha rapaza da que el estaba namorado e a fodeu na mesma sepultura en plan necroromántico.
  • Con 17 anos venceu a un rapaz de 25 anos malote e chulapón. Un alguacil meteuse no medio e papou ostias tamén.
  • Consegiu evadirse da prisión de Ortigueira e iso que tiña un garda canda el na cela.
  • Estivo durante tres anos fuxindo da garda civil, caciques, curas e chivatos e iso tendo 19 anos. A pesar de que tivo centos de gardas civís atrás del consegiu fuxir de emboscadas e andar polo monte, cruzando provincias e mesmo facendo burlas dos gardiñas ó pasear por Ortigueira diante do cárcere.
  • Estando fuxido foi ata Ortigueira a pasearse diante dos altos mandos dos gardas e alcaldes, mesmo se achegou ata a porta da prisión a decir que lle abriran a porta que era o Toribio, e como os de dentro pensaron que era un peneque pasaron del.
  • Estando sesteando nun coto penedío viu que estaba rodeado e botándose contra un deles sacouse do cerco, consegiu fuxir vivo tras saltar un barranco.
  • Mentres andivo fuxido con 19 anos da garda civil polo monte,, non se perdeu ningunha festa nin romería.
  • levaba unha pega no ombreiro que lle avisaba de cando había enemigos cerca.
  • Escribía cartas ós xornais pra protestar polas noticias falsas e inventadas polos xornalistas a soldo do capital.
  • Entrou nunha misa cos ferros baixo o brazo e pediulles esmola ós fregueses estando o pedáneo armado alí.
  • Nunha ponte viu que estaban catro gardas civís, meteuse nunha casa e puxo un feixe de herba ás costas pra facerse pasar por un labrego e atravesando a ponte déronlle o alto, sacou o feixe e apuntándolles cos revólveres desarmounos tirándolles as armas ó río e logo mandouno ir tomar un baño.
  • Estando no cárcere convírtese en líder dos presos e comezaa pedir que se respeten os seus dereitos, humanificando a prisión(que daquela era un almacén de xente pra sádicos) protagoniza variso intentos de evasión e grazas a el as cadeas fanse mais seguras e modernas.
  • Fíxose pasar por tolo pra que o mudasen de cárcere, decía que inventara unha arma eléctrica e pedía que viñera o Capitán xeral da Armada(tal vez pa rirse del e dos barcos que perderan en Ferrol pola incompetencia dos oficiais pijos que quería chulearse cerca da costa e chocaron cos baixos afundindo un buque).

Mamede Casanova na cultura popEditar

Debido a que as súas andanzas foron anunciadas tanto a nivel popular como na elite a súa fama medrou na Península Ibérica do rexeneracionismo ibérico onde se vía ben que Galicia ía ficando marxinada e esta caste de novas servían pra velo así, a Galicia profunda.

A súa caza saíu nos xornais da época, La Voz de Galicia,Revista Gallega,El Diario de Galicia, El Eco de Ortegal,etc e logo a nivel popular as súas aventuras extendéronse polas feiras a través dos cantares de cego, coplas e pregos de cordel. Parte da súa biografía foi aproveitada por Valle-Inclán na súa obra "As galas do difunto"(respecto do roubo dun traxe a un cadáver). Xulio Camba dixo del que era da familia dos Balseiro(por sospeitar dun veciño dese apelido fose fodeamigo da nai) e que os desa caste éranche todos así uns botados pra diante(excepto José Antonio Balseiro que se fixo científico en Arxentina).

protagonizou unha novela "El lobo de las Grañas" (1910)de Prudencio Canitrot, un cómic "O Fillo da ira"