Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Maldras

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Maldras
Maldras.jpg
Información
Nacemento Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento no 459.
Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galaicosueva.
Ocupación Que os visigodos non destrúano reino suevo de Galicia.

Maldras foi rei dos suevos, primeiro da metade sur e logo (trala morte de Frantán) de todo o reino suevo.

Vida e espadazosEditar

 
Maldras na súa casa sueva de Gomesende.

Nado na fortaleza de Cedofeita (Celanova) no seo da familia Baldwein, señores do suroeste de Ourense, suevo de segunda xeración cos seus pais xa establecidos como dominus da rexión.

Xa de neno aprendeu a arte da guerra dun mestre chinés, estudiou medicina na universidade sueva de Braga e acompañou a varios continxentes do exército curando guerreiros, sendo seu bautismo de lume na toma de Coruña do Conde, onde tivo que agarrar a hacha se quería seguir vivo ante un golpe de man dun continxente vándalo.

Foi chamado á corte sueva como sanador do rei, e logo como ascendendo no organigrama, nos tempos revoltos que lle tocaron vivir tivo que facer fronte a un miserenta situación de crise cun moi poucos recursos e manter o servizo sanitario a pesar dos recortes, trala desfeita da Batalla do Río Órbigo consegiu pactar unha tregua no saqueo da cidade de Braga e salvar así incontables vidas; tivo que soportar como os visigodos se levaban todo o ouro suevo e colocaban a un extranseiro como rei seu. Debido a que este rei (Aguiúlfo) abusaba de mais dos impostos e só se preocupaba de ter o bandullo cheo e a pirola dentro dunha puta orquestrou unha rebelión contra del, conseguindo eliminalo na batalla de Castro do Porto, obtendo o control no sur do anterior reino suevo.

Durante a súa administración non tentou eternizarse no poder e si manter o pouco que quedaba do reino nunha estrutura de resistencia, mais tivo que facer fronte á varias crises sociolóxicas entre suevos e galaicoromanos, optando por un sistema mixto de gobernabilidade a nivel local e mediante unha política de casorios de latifundistas e líderes republicanos de homes libres con princesas suevas, conseguindo manter cohesionado o reino suevo, que daquela se atopaba dividido en dous reinados. Á morte do rei no Norte fíxose rei único dos suevos.

Este posto comezou a ser ambicionado por outros señores da guerra e tivo que contelos a base de encargarlles funcións de protección en varios caudillatos, ata que a familia rival dos Torubios o mandou asasinar no ano 459 no vado do Miño en Toén. seu fillo Remismundo(que estudiara auxiliar de enfermeria) foi aclamado pola semblea de homes libres como sucesor de seu pai no trono suevo.

Reino de Galiza/  Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Aguiúlfo
Só no sur
Maldras
Precede a:
Frumario
Rei dos Suevos
Rei de toda Galicia/  Reino Suevo de Galiza

Segue a:
Frantán
Que só reinou no norte
Maldras
Precede a:
Remismundo
Rei dos Suevos

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Maldras.

Outros artigosEditar