Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Mainstream

O mainstream é unha das emanacións do lado escuro da Forza, instrumento do Demo para ter en depósito a plazo fixo as almas cristiás no inferno, avatar de Maia (ilusión) que nos fai seguir presos no Samsara, instrumento musical usado por Shaitan para que se embriague o home e así cometa pecado contra Alá, televisión que usa Mara para que sigamos sendo uns putos ignorantes e non cheguemos á iluminación espiritual.

Índice

Orixe do mainstreamEditar

Ao principio existía unha macedonia universal, miles de estilos musicais, edificios irrepetidos ambas beiras do océano tenebroso, esquemas mentais que usado en continentes non afeitos a seu uso podían volverte tolo, etc, ata que o planeta Terra quedou pequeno en plena revolución industrial, xa que Inglaterra e Estados Unidos de América producían tantas cousas que necesitaban mais mercados onde vender toda a borala que producían.

Historia do mainstreamEditar

A finais do século XIX os imperios europeos repartíranse o mundo a seu gusto, pero o statu quo mudou coa emerxencia de novos poderes (Alemaña, Rusia, Xapón) e a decadencia doutros (España, Turquía, Mondoñedo) polo que os gobernos plutocráticos dos imperios comezaron a mover ficha, aliándose con uns contra outros para ir coméndose terreo e protexer o xa conseguido... ata que estalou a Primeira Guerra Mundial.

Tralo fin da Iª Guerra Civil Europea só as nacións anglosaxonas ficaron co poder mundial, e para impedir que lles saíra competencia futura inventaron unha nova forma de capitalismo imperialista, o poder brando,e invadir a países hipotéticamente rivais ou enemigos con Jazz, democracia bipartidista, oportunidades persoais, american way of life, etc

Hitler usou poder duro cos seus opositores e poder brando con simpatizantes se seguidores pero ao pasarse de guai cos boches e non dar ningunha subvención a xudeus, eslavos, xitanos e gays comezou a IIª Guerra Mundial. Desta volta voltaron gañar Inglaterra e os USA, que desta vez inventaron a The Beatles e a Elvis Presley para gañar a Guerra Fría contra a URSS (que só podía vender libros de Karl Marx, fotos íntimas do Sputnik e discos de Dean Reed), pero o que lles axudoua gañala foi finalmente a Nomenklatura.

Trala Guerra Fría semellaba que todo estaba en paz, nos 90 a xente estaba falando de piercings, poñéndose tatuaxes raros e a xente cantaba sobre salvar o planeta e formando bandas de música... ata que gañou George Bush as eleccións a Presidente dos Estados Unidos de América e todo foise ao carallo (merda). Todo o planeta voltouse unha democradura e recomezou a guerra planetaria, para ter á xente suxeita na casa encheuse de realitys parvos a MTV, obrigouse a por en tódolos tallares de coche a emisora os 40 principais, tódlas cadeas de TV voltáronse como Telecinco e resurxiu o canifato de Córduba.

Incluso se chegou a invadir campos que sempre estiveran lonxe da cultura oficial, desde a CIA e o KGB (agora FSB) creou o departamento de tribos urbanas, e así creouse aos hipsters (unha tribo que di ir contra o mainstream para logo facer a súa propia mainstream) e mesmo chegou o wifi á Galicia profunda para que deixaran de ser tan orixinais (en idioma soft power chámanlles "paletos").

Produtos mainstreamEditar

  • Coca-cola.
  • Camiño de Santiago.
  • Ir de cruceiro ao Caribe.
  • Youtube, por iso a partires do ano 2013 comezaron a meterlle anuncios ao principio de cada vídeo e logo no 14 anuncios no medio dos vídeos.
  • Ir de putas: bueno... eso deixou de ser mainstream a principios do XXI porque as adolescentes xa ían ensinando moito.
  • PPSOE.
  • Tódalas versións de Windows.
  • O Islam, a relixión mais mainstream do planeta!
  • Festivais de música indie en cada cidade e mesmo en vilas comarcais... cando o mais indie sempre foron as festas patronais en cada aldea!!!
  • Calquera aparello de última tecnoloxía, se podes seguir usando o teu forno solar... para qué emrcar un microondas?
  • Toda a "cultura" oficial, ésa que sae nos medios de comunicación, aínda que últimamanete mudaron de cara (como a Igrexa católica co Papa Francisco) e agora podes ver na TVG a tódolos real hispters agochados nas aldeas.
  • Pop de Corea do Sur, USA, UK, Madrid (Barcelona utiliza mais a grupos indies para logo facelos Mainstream), Francia, Eurovisión (excepto o ano aquel que enviaron a Lorde).
  • O Rock dos 80.
  • Facer en cada cidade un pazo de Congresos enooooormes.
  • A post movida dos 80 que nos 90 non deixaba sitio ao rock en castelán.
  • O folk de Carlos Núñez.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Mainstream.

Outros artigosEditar