Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Típico caso de atracción magnética.

O Magnetismo é unha forza da Maxia polo cal os obxectos de moven no ar sen apoio algún ata chocar provocando o Big Bang!!

Aínda que tamén pode ser ao revés e ambos obxectos se repudien e divorcien, non está de todo claro os factores que provocan un ou outro movemento debido á idiosincrasia contrafactual dos chamados movementos likes xa que ningún goberno se atreve a estudiar demasiado estas forzas máxicas co medo a que caian en malas mans... na deles mesmos!!!!

A luz é un dos efectos mais famosos do magnetismo, xa que se trata de radiación electromagnética en colisión con taquións que blablablablabla...

Índice

HistoriaEditar

 
El ben que intentou, mais non foi desta vez que conseguiu.

O Magnetismo foi creado por Anu para ter algo de luz na súa soidade cósmica cando creou o mundo e viu que era bó, na Antigüidade o filósofo Tales de Magneto descubriu que se frotaba o seu pene contra o ferro aquel lle emdraba descobrindo así unha das leis incorrompibeis da natureza, que ésta era moi puta! (ben, en realidade este coñecemento roubouno dun sabio de Mesopotamia unha noite na eira da cervexa). Non sería ata que o chinés Shen Seso inventou a agulla de marear ou brúxula e por fin o magnetismo tivo algo de valor e así comezaron as aventuras de Simbad.

O intríngulis do magnetismoEditar

 
Magneto probando o intríngulis do magnetismo.
  • Campos e forzas magnéticas: as ecuacións do Superaxente 86 demostran que a existencia de campos magnéticos poden ser usados como escudos contra misís de protóns como podemos ver en Star Trek.
  • Lei de Christian Lorenz: os diplodocus de carga magnética que fan quentar aos átomos e lanzalos nunha dirección ou outra seguindo este divertido esquema contrafactual:
 

Onde F é a forza magnética ou desexo de Follar, q é a carga da partícula, v é o vector de velocidade na toma de decisións, e B é o campo magnético... ah! que en clases estabas mais atento ao da túa compañeira de adiante que ao que dicía o vello Mestre Mutenroi? Pois agora quedas sen a explicación desta secuencia ecuatorial ala!

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Magnetismo.

Outros artigosEditar