Abrir o menú principal

Desgalipedia β

MTV
Inicio das emisións 1981
Propiedade de Irmáns Warner.
País Bandeira Usa.png Estados Unidos
Área de emisión mundial
Sede central Galifornia

A MTV (pronúnciese Emetiví) é unha canle de televisión do Imperio Gringo, famosa por provocar o suicidio de Kurt Cobain e o despeque de carreiras de moitas estrelas do Pop para captar a humanos para o Inferno a base de porno soft.

Índice

HistoriaEditar

 
MTV en GTA.

Un día varios directivos do cinema de Hollywood decidíronse a buscar negocios na televisión provocando o nacemento desta telvisión para provocar un clima non recoñecido de capitalismo brando e que todo o mundo escoitase música de músicos de raza branca.

A principios do seculo XXI decidiron deixar de emitir sempre videoclips e comezo a mterm mais merda branca na televisión, primeiro con entrevistas a músicos mortos e logo realities sobre artistas vivos e sobre losers e demais escoura branca asi coma programas de humor coma South Park e programas onde os pais podían decidir con quen casaba a súa filla promiscua.

Programas da MTV en EspañaEditar

  • South Park: serie de debuxos feitos con cachos de papel e que din cousas filosóficas e polémicas, é a serie preferida das Testemuñas de Xehová e Ciencioloxía.
  • Os Osborne: aquí Bertín Osborne ensínanos a súa familia de rancio pero moi rancio abolengo.
  • Mamá adolescente: vida sobre a escoura branca que descoñece o uso efectivo dos condóns ou do Fuch Fuch Fuch!
  • Jackass: videos familiares de varias persoas tomadas da cabeza, teñen imitadores como os de "Ai!" de Ponferrada.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: MTV.

Outros artgosEditar